A novela bizantina foi un dos principais tipos de prosa narrativa do século XVII. De certo xeito, trátase do xénero antecesor da moderna novela de aventuras.
Narra viaxes nas cales se suceden aventuras complicadas, separacións e encontros de personaxes, recoñecementos casuais, cun ton de sucesos extraordinarios.
Na actualidade só sobreviven catro destas novelas, unha escrita en prosa: Os amores de Ismene e Ismenias, de Eustacio Macrembolita. Dúas en dodecasílabo: Rodante e Dosicles, de Teodoro Pródromo, e Drosila e Charicles, de Niketas Eugenianos. Unha última, da que só sobreviven fragmentos, está en «verso político»: Aristando e Calitea, de Constantino Manasés.
Novelas medievales posteriores, de arredor do século XIV, continúan esta tradición literaria, o que inclúe a Beltrando e Crisanda, Calímaco e Crisóforo, e Libistro e Rodamne, todas anónimas. O xénero desenvólvese en España durante os séculos XVI e XVII a imitación dos autores da novela grega, especialmente Heliodoro de Émesa. Autores representativos do Século de Ouro español que se interesaron foron Lope de Vega, con El peregrino en su patria (1604), e Miguel de Cervantes, con Los trabajos de Persiles y Sigismunda (1617), máis unha das Novelas ejemplares (1613): El amante liberal.
Modelos
Cómpre deslindar á novela grega antiga do que hoxe é novela do Imperio Bizantino. Dentro deste último grupo mencionamos Florio e Brancaflor, de autoría anónima; Rodante e Dosicles, de Teodoro Pródomo; Livistro e Rodamna, anónima; Imberio y Margarona, ídem, e máis, todas compostas entre os séculos XII e XIV. Pola súa parte, as novelas gregas son moi anteriores.
A novela bizantina moderna, nada no renacemento do século XVI, baséase nos modelos da novela grega antiga, destacando a Historia etiópica ou Os amores de Teágenes y Cariclea, de Heliodoro de Émesa, unha novela grega do século III d. C. que narra a historia da princesa etíope Cariclea, abandonada en terra estraña ao nacer.
Tamén cómpre destacar Os amores de Leucipa e Clitofonte, de Aquiles Tacio, novela grega do século II d. C., onde Clitofonte relata a un amigo as diversas aventuras que el e Leucipe tiveron que superar antes de estar felizmente unidos. miniatura|Portada da primeira versión en castelán d'A Historia etiópica ou Os amores de Teágenes e Cariclea, de Heliodoro de Émesa, publicada en Anveres en 1554.
Recepción dos modelos
Xa na Idade Media se vira a influencia da novela grega no Libro de Apolonio do século XIII d. C. Non obstante, este influxo non fora directo, senón a través da Historia de Apolonio, rey de Tiro (Historia Apolonii Regis Tyrii), atribuiuda a Celio Simposo e escrita durante os séculos V e VI d. C. e inspirada á súa vez na novela grega.
Non é ata o Renacemento que na Europa occidental a novela grega orixinal redescúbrese e difúndese amplamente. É sinxelo establecer unha relación directa entre o redescubrimento destas obras e o nacemento da novela bizantina.
A Historia etiópica de Heliodoro de Émesa foi atopada en 1526 entre as ruínas da biblioteca de Matías Corvino, rei de Hungría.HUMANISMO Y PERVIVENCIA DEL MUNDO CLÁSICO. HOMENAJE AL PROFESOR ANTONIO PRIETO. Alcañiz-Madrid, 2010. página 2830 A partir deste códice realizouse a editio princeps en 1534, e non tardou en ser traducido ao latín e a outras linguas europeas. En 1554 aparece en Anveres a primeira versión española, e en 1587 a exitosa versión de Fernando de Mena, que se editará en tres ocasións durante o século XVII.
As aventuras de Leucipa e Clitofonte de Aquiles Tacio adaptouse ao español en 1552 por Alonso Núñez de Reinoso, poucos anos despois da tradución italiana de Lodovico Dolce (Venecia, Giolito de Ferraris, 1547), da que se serviu este escritor, apropiándose do texto, cambiándolle significativamente o título a Historia de los amores de Clareo y Florisea y de los trabajos de Ysea, con otras obras en verso, parte al estilo español y parte al italiano, agora nuevamente sacada a la luz, pero publicou non en España, senón no mesmo impresor veneciano que tirara a versión italiana (Gabriel Giolito de Ferraris). Xa existía unha tradución latina parcial, publicada no 544 por Annibale della Croce.La primera traducción latina de la obra completa fue publicada en Venecia en 1551. Humanistica Lovaniensia - Volume LII, AAVV (Lovaina, 2003) página 245 A primeira tradución máis fiel da obra en castelán, aínda que non está caro de que texto se serviu, foi a de don Diego de Ágreda y Vargas: Los más fieles amantes Leucipe y Clitofonte, historia griega por Aquiles Tacio Alexandrino, traducida, censurada y parte compuesta por don Diego de Ágreda y Vargas (Madrid, Juan de la Cuesta, 1617).
Características A maioría das novelas bizantinas responden a un esquema común: dous mozos amantes, que desexan casar, atopan graves obstáculos que llelo impiden (a separación forzada, viaxes perigosos, naufraxios, cativerio, etc.), ata que, finalmente, conseguen a realización dos seus anhelos ao atoparse e comprobar, con satisfacción, que seu amor permaneceu leal saíu fortalecido en medio de tantas probas e contratempos.
As obras adscritas a este xénero coinciden normalmente nos seguintes puntos temáticos:Libros de aventuras bizantinas de Cristina Castillo Martínez (accesible en la red en biblioteca E-Excellence a través del siguiente enlace )
Os protagonistas son unha parella de amantes obrigados a separarse, prometendo antes gardar a virxindade e manterse leais. Castidade. O amor que se profesan os protagonistas é un amor casto e puro, seguindo a tradición neoplatónica que definiran León Hebreo e Marsilio Ficino. Como antítese deste amor puro e casto, aparecen personaxes degradados, vítimas dos seus desexos, que poñen a proba a fidelidade dos amantes. A exaltación do amor casto e dos afectos puros responde a unha visión moralizadora da vida que converte estas obras no modelo ideal de lectura moralizante fronte á literatura de cabalarías. A acción argumental plantéxase en forma de viaxe. O mar simboliza a idea da inestabilidade da vida do home, e dos obstáculos cos que se atopa e debe superar. Un naufraxio, unha tormenta ou un golpe de azar poden provocar a separación dos dous amantes ou o seu repentino encontro. O obxectivo da viaxe é, polo tanto, mostrar a fortaleza do amor dos amantes. A mentira, o disfrace e os enganos constitúen a estratexia empregada polos protagonistas para acadar os seus fins. Non se considera como exemplo de conduta negativa, senón a única vía para superar as adversidades que se lles presentan.
Entre as técnicas narrativas máis relevantes están:
Comezo in media res, é dicir, non se narran os feitos dun xeito lineal, senón que se inicia a narración nun punto concreto da trama, retrocedendo cando é necesario dar respostas que enchan eses baleiros creados dende o comezo da novela. As novelas bizantinas están ordenadas arredor dunha viaxe, auténtico fío condutor das obras. Esta estrutura permite a introdución de numerosos temas e tramas secundarias dentro da trama principal. Anagnórise. Ó final das novelas prodúcese o recoñecemento dos amantes a partir dalgún obxecto ou detalle da infancia. Este procedemento narrativo denomínase anagnórise. Final feliz. O suceso conclúe felizmente, como premio aos traballos ou esforzos dos protagonistas.
Trátase dun xénero de estirpe clásica. Destacamos recursos en canto á técnica narrativa: verosimilitude da acción e descrición de espazos, verdade psicolóxica dos personaxes, enxeño da composición; e, sobre todo, no contido: visión moralizadora da vida, exaltación do amor casto e dos afectos puros, castigo do amor ilícito... modelo da literatura humanista que se contrapón á literatura de cabalarías.
Obras representativas na literatura española
As novelas adscritas ao xénero son poucas, localizadas na segunda metade do século XVI e na primeira metade do século XVII.
Historia de los amores de Clareo y Florisea y los trabajos de la sin ventura Isea (1552), de Alonso Núñez de Reinoso. Esta primeira novela bizantina española imitaba Os amores de Leucipe e Clitofonte de Aquiles Tacio. Selva de aventuras (1565), de Jerónimo de Contreras. El peregrino en su patria (1604), de Lope de Vega, que nacionaliza o xénero, facendo que case todas as viaxes e aventuras transcorren dentro da propia España. Inclúe poemas e autos sacramentais. Los trabajos de Persiles y Sigismunda (1617), de Miguel de Cervantes. A influencia da novela bizantina amplíase a unha das Novelas ejemplares: El amante liberal, onde aparecen trazos do xénero. Los amantes peregrinos Angelia y Lucenrique (1623-1625), anónima. Historia de Hipólito y Aminta (1627), de Francisco de Quintana, que acadou catro edicións. Historia de las fortunas de Semprilis y Genorodano (1929), de Juan Enríquez de Zúñiga. Eustorgio y Clorilene, historia moscóvica (1629), de Enrique Suárez de Mendoza y Figueroa.
Despois, a novela bizantina adquire unha gran carga alegórica e moral, que impulsa a súa crise como xénero narrativo. A esta etapa pertencen León prodigioso (1634) e Entendimiento y verdad (1673), de Cosme Gómez Tejada de los Reyes, así como El Criticón (1651, 1653 e 1657) de Baltasar Gracián.
Notas
Categoría:Literatura