As Joventuts d'Esquerra Republicana de Catalunya (JERC) son a organización xuvenil do partido político catalán Esquerra Republicana de Catalunya. Programa Segundo a súa declaración de principios, os seus obxectivos son "a consecución dunha sociedade democrática, na que desapareza calquera sinal de opresión social ou nacional, nun territorio ecoloxicamente equilibrado" e "nunha Cataluña libre, soberana e unificada, na Europa das Nacións" concienciando e mobilizando a xuventude do conxunto por eles coñecido como Países Cataláns.

Historia Un dos principais proxectos das JERC é a Acampada Jove, un festival político-musical, que acolle cada ano e en diversas poblacións milleiros de mozos dende 1996. X Congreso Nacional (Barcelona) decembro de 1987: escóllese como secretario xeral da organización a Joan Puigcercós. XI Congreso Nacional (Sitges, Garraf) marzo de 1990: Reescóllese como secretario xeral a Joan Puigcercós. XII Congreso Nacional (Xirona) outubro de 1992: Reescóllese de novo a Joan Puigcercós como secretario xeral. XIII Congreso Nacional (Barcelona) marzo de 1994: Escóllese a David Minoves como novo secretario xeral. XIV Congreso Nacional (Tarragona) abril de 1996: Escóllese a Camil Ros como novo secretario xeral. XV Congrés Nacional (Manlleu, Osona) 1998: Uriel Bertran sae elixido o novo secretario xeral. XVI Congreso Nacional (Calella, Maresme) decembro de 1999: Reelíxese a Uriel Bertran como secretario xeral. XX Congreso Nacional (Vic, Osona) 19 e 20 de novembro de 2005: Escóllese a Pere Aragonès como voceiro nacional. XXI Congreso Nacional (Mataró, Maresme) 10 e 11 de novembro de 2007: Escóllese a Gerard Coca como novo voceiro nacional. XXII Congreso Nacional (Celrà, Gironès) 14 e 15 de novembro de 2009: Gerard Coca sae reelixido voceiro nacional. XXIII Congreso Nacional (Terrassa, Vallès Occidental) 26 e 27 de marzo de 2011: Escóllese como novo voceiro nacional a Gerard Gómez del Moral.

Organización As JERC organízanse en catro niveis: local, comarcal, rexional, e nacional, e cada un destes niveis ten total autonomía de actuación. A base da estrutura son as seccións locais, que se agrupan en federacións comarcais, e estas á súa vez en federacións rexionais. A unión das federacións rexionais dá lugar ás JERC. Todos estes niveis teñen executivas. O máximo órgano, a Comisión Permanente, está formada polos secretarios nacionais.

O máximo órgano das JERC é o seu Congreso Nacional, e entre congresos, o Consello Nacional, onde acoden os representantes territoriais.

Na actualidade as JERC adoptan unha división territorial en 14 Federacións Rexionais: Alt Pirineu Baix Llobregat Barcelona Camp Catalunya Central Catalunya Nord Comarques Gironines Illes Balears i Pitiüsses Maresme-Barcelonès Nord País Valencià (onde reciben o nome de JERPV) Penedès-Anoia Ponent Terres de l'Ebre Vallès

Publicacións A súa publicación é a revista la Veu del jovent (O voz da xuventude) (anteriormente El Pamflet - O panfleto-) e emprega indistintamente a senyera estelada co triángulo amarelo e a estrela vermella, e a que ten o triángulo azul e a estrela branca.

Permanente Nacional Dende marzo de 2011 a Permanente Nacional está formada per: Voceiro Nacional: Gerard Gómez del Moral i Fuster Secretaria de Organización: Oriol Clusells i Roca Secretaria de Finanzas: Òria Rovira i Illamola Secretaria de Formación: Anna Peña i Aso Secretaria de Campañas e Mobilizacións: Àlex Daudén i Zamora Secretaria de Comunicació: Marta Vilalta i Torres Secretaria de Política Institucional: Isaac Peraire i Soler Secretaria de Movementos Sociais: Albert Gaspà i Miquelay Secretaria da Muller : Sílvia Casola i Salvatella Secretaria de Política Internacional e Cooperación: Ricard Sánchez i Pérez Secretaria de Medio Ambiente e Política Territorial: Jordi Romaguera i Restudis

Véxase tamén Acampada Jove Joventuts d'Esquerra Republicana del País Valencià

Ligazóns externas Páxina web das JERC Agregador de blocs das JERC Páxina web da Acampada Jove

Categoría:Mocidades políticas de España