Carlos González Fernández, nado en Navia de Suarna en 1949, é un empresario e economista galego.
Traxectoria Licenciado en Economía pola Universidade de Bilbao, desenvolveu a maior parte da súa carreira profesional na empresa consultora Arthur Andersen. Foi presidente da súa filial española entre 2000 e 2003, e a partir dese ano, da filial española de Deloitte, a firma internacional coa que se fusionou.
Dende 2009 foi membro do consello asesor de Agbar e en 2011 anúnciase a súa incorporación como conselleiro independente ao recentemente creado NCG BancoEl consejo de NCG aprueba la designación de Castellano como presidente , Xornal de Galicia, 16/6/2011..
Notas
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Banqueiros de Galicia Categoría:Nados en Navia de Suarna Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes