miniatura|300px|O Tramvia Blau subindo cara ao Funicular do Tibidabo. miniatura|300px|O Tramvia Blau cruzando a Ronda de Dalt. O Tramvia Blau é un tranvía da parte alta da cidade de Barcelona xestionado por TMB, que une a estación de Avinguda Tibidabo, que é cabeceira da liña L7 de FGC co pé do Funicular do Tibidabo.
Foi inaugurado en 1901. Posteriormente sufriu remodelacións os anos 1922 e 1958.
Ata a inauguración do Trambaix era a única liña de tranvía que se conservou en toda Barcelona (despois de que na maior parte da cidade fosen substituídos por autobuses durante as décadas dos 60 e 70). Ademais ten unha función máis ben turística, por iso non está integrado e ten unha tarifa especial.
Características técnicas Data de inauguración: 29 de outubro de 1901 Lonxitude da liña: 1.130 metros Altitude estación inferior: 226 metros Altitude estación superior: 501 metros Desnivel: 275 metros Pendente máxima: 25,7% Vehículos: 6 Capacidade dos vehículos: 113 persoas Capacidade de transporte (nun só sentido): 1.356 persoas/hora Velocidade: 4,1 m/s (14 km/h) Diámetro do cable: 38 mm Ancho de vía: 1.435 mm
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web do Tramvia Blau
Categoría:Transporte en Barcelona