Para outros artigos de persoas chamadas George Hill, véxase a páxina de homónimos George Hill
George Jesse Hill, Jr., nado o 4 de maio de 1986 en Indianápolis, Indiana, é un xogador americano de baloncesto profesional.
NBA 2008-09 Hill foi escollido na 26ª posición do Draft da NBA de 2008. Fixo o seu debut o 4 de novembro de 2008 contra os Dallas Mavericks, no terceiro partido da tempada regular. Xogou 15 minutos, onde anotou 11 puntos, con 1 roubo de balón e 1 asistencia.NBA Mavericks at Spurs Boxscore , NBA.com, 4 de novembro de 2008. Rematou a súa tempada coma rookie con 5.7 puntos, 2.1 rebotes e 1.8 asistencias por partido.
2009-10 Hill mellorou o seu rendemento na súa segunda tempada na liga. O seu número de minutos incrementou de 16.5 a 29 minutos de xogo por partido, xogando 43 de titular, a maioría debidos á lesión de Tony Parker. O 1 de abril de 2010, Hill conseguiu 30 puntos, a mellor marca da súa carreira en anotación, xunto con 5 roubos e 7 asistencias na vitoria sobre os Houston Rockets.McDonald, Jeff "Hill leads Spurs past Rockets" MySA.com, 1 de abril de 2010. Rematou a tempada empatado con Kevin Durant e Marc Gasol na segunda praza do xogador máis mellorado da NBA. Os tres conseguiron 101 puntos.Duncan, Chris "Rockets G Brooks NBA's most improved player" Yahoo! Sports, 22 de abril de 2010
Nos playoffs de 2010, Hill xogou unha gran serie contra os Dallas Mavericks na primeira rolda. Comezou mal no primeiro partido, con 0 puntos en 17 minutos de xogo, tras volver dunha lesión de nocello. Mellorou nos seguintes partidos, con 7 e 17 puntos no segundo e terceiro partido respectivamente. No 4º partido, Hill liderou aos Spurs á vitoria, nunha noite moi frouxa de Parker, Ginóbili e Duncan, que anotaron 9 de 34 tiros entre os tres. Hill anotou 29 puntos, a súa mellor marca en playoffs, con 11 de 16 tiros de campo, e 5 de 6 triplas."Spurs vs. Mavs, Game 4 boxscore" Yahoo! Sports Hill acadou 22.3 puntos nas series, axudando aos Spurs a gañar a serie en seis partidos.
2010-11 O 28 de marzo de 2011, Hill igualou a súa mellor marca de anotación, 30 puntos, na vitoria por 114-119 na casa dos Houston Rockets.
2011-12 O 24 de xuño de 2011, na noite do Draft da NBA de 2011, Hill foi traspasado aos Indiana Pacers, a cambio da 15ª elección (Kawhi Leonard), a 42ª elección (Davis Bertans) e a 45ª elección do Draft de 2005, Erazem Lorbek.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com Perfil en NBA Draft Perfil en DraftExpress.com
Categoría:Nados en Indianápolis, Indiana Categoría:Nados en 1986 Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos San Antonio Spurs Categoría:Xogadores dos San Antonio Spurs Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Utah Jazz Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Oklahoma City Thunder Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers