A Real Balompédica Linense é un club de fútbol español da cidade de La Línea de la Concepción, na provincia de Cádiz. Foi fundado en 1912 e actualmente xoga na Segunda División B Española, categoría á que ascendeu en 2011 desde a Terceira División.
Uniforme
Uniforme titular: Camiseta branquinegra a raias verticais, pantalón branco e medias brancas. Uniforme secundario: Camiseta azul, pantalón azul e medias azuis.
Estadio
O estadio da Real Balompédica Linense é o Estadio Municipal. Foi construído en 1969 cun esmerado deseño que o dotou dunhas magnificas características técnicas. Co paso dos anos a deterioración das instalacións fíxoo incómodo e anticuado. Nunha remodelación parcial das súas instalacións, realizada no 2003, se acodicionaron os locais pertinentes para situar neles a sede da Real Balompédica Linense á vez quese construíu unha cafetería e un restaurante. A mediados de 2009 comezou a implantación dunha superficie de céspede artificial no feudo balono, polo cal, o equipo tivo que disputar o seu primeiro encontro como local no municipal de Los Barrios.
No estadio sitúase a sala de trofeos do club, chamada sala de Trofeo Francis Negrón, e as salas de prensa e oficinas.
O aforamento da instalación é aproximadamente de 4.500 espectadores en tribuna, 6.000 en preferencia, e 4.500 en cada fondo; en total aproximadamente uns 19.500 espectadores.
Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 6 Tempadas en 2ªB: 16 Tempadas en 3ª: 47
Palmarés Subcampión da Segunda División B Española (1): 2011-12 Terceira División Española (2): 2005-06, 2010-11 Subcampión da Terceira División Española (1): 2004-05
Véxase tamén Ligazóns externas Comunidade de afeccionados Web da Balompédica Linense en Futbolme.com Web non oficial e Balona TV
Categoría:Real Balompédica Linense