miniatura|200px|Müller (1974) Gerhard 'Gerd' Müller, nado en Nördlingen o 3 de novembro de 1945 e finado en Wolfratshausen o 15 de agosto de 2021, foi un futbolista alemán. Gerd Müller foi un dos grandes dianteiros de tódolos tempos. A súa inalcanzable cifra de 68 goles en 62 partidos coa selección xermana é o mellor resumo que se pode facer do seu xogo. Foi coñecido como "Bomber der Nation" (o bombardeiro da nación) e "kleines dickes Müller" (baixo e gordo Müller).
Bayern Munich A súa carreira comeza no TSV 1861 Nördlingen, e chega ao Bayern Munich en 1964, formando equipo con Franz Beckenbauer e Sepp Maier. Nese momento o club militaba na segunda división xermana mais en pouco tempo xa se fixo cun lugar na Bundesliga.
A partir de aquí comeza unha época de éxitos para o Bayern: 4 títulos de campión da liga xermana: 1969, 1972, 1973, 1974 3 Copa de Alemaña: 1966, 1967, 1969, 1971 3 Copas de Europa: 1974, 1975, 1976 1 Recopa: 1967 1 Copa Intercontinental: 1976
Aínda hoxe ten o récord de máximo anotador das competicións europeas con 66 goles en 74 partidos.
A Selección Debuta en 1966 na selección de Alemaña do Oeste e retírase o 6 de xullo de 1974 coa vitoria na final do Mundial de 1974. Neste encontro anotou o gol da vitoria fronte a Holanda. Gerd Müller foi o máximo goleador da historia dos mundiais con 14 tantos ata o ano 2006 no que foi superado por Ronaldo con 15. Iso si, Muller só participou en dous (1970 e 1974) e Ronaldo en catro (1994,1998,2002 e 2006).
Tamén foi campión da Eurocopa de fútbol 1972 e o seu máximo artilleiro con 4 goles.
Fort Lauderdale Strikers Rematada a súa carreira en Alemaña marchou cara aos EUA en 1979, onde xogou nos Fort Lauderdale Strikers. Anotou 38 goles nas tres tempadas que estivo alí e foi nunha ocasión subcampión de liga.
Despois do fútbol Tras retirarse no ano 1982 caeu nunha forte depresión que o levou ao alcoholismo. Os seus compañeiros do Bayern Munich convencérono para se rehabilitar e cando rematou déronlle un traballo coma adestrador do equipo afeccionado do Bayern.
Palmarés
Títulos co Bayern Munich Bundesliga: 1969, 1972, 1973, 1974 Copa de Alemaña: 1966, 1967, 1969, 1971 Copa de Europa: 1974, 1975, 1976 Copa Intercontinental: 1976 Recopa: 1967
Títulos coa selección Eurocopas: 1972 Mundiais: 1974
Títulos individuais Máximo goleador da liga xermana: 1967, 1969, 1970, 1972, 1973, 1974, 1978 Máximo goleador europeo (Bota de Ouro): 1970, 1972 Máximo goleador dun mundial: 1970 Máximo goleador dunha Eurocopa: 1972 Futbolista xermano do ano: 1967, 1969 Futbolista europeo do ano (Balón de Ouro): 1970
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas ficha de Gerd Müller na páxina oficial da FIFA Estadísticas en encontros internacionais Estadísticas nas competicións europeas
Muller, Gerd Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:FIFA 100 Categoría:Bota de Ouro Categoría:Balón de Ouro Categoría:Xogadores do FC Bayern München Categoría:Nados en Baviera Categoría:Nados en 1945 Categoría:Finados en 2021 Categoría:Goleadores da Copa do Mundo Categoría:Finados por alzhéimer Categoría:Futbolistas gañadores da Eurocopa Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1970 Categoría:Futbolistas gañadores do Mundial