Keith Ramon Bogans, nado o 12 de maio de 1980 en Washington, D.C., é un xogador americano de baloncesto profesional que actualmente é axente libre.

Traxectoria profesional miniatura|dereita|Bogans cos Magic. Orlando Magic Bogans foi elixido na 43ª posición do Draft da NBA de 2003 polos Milwaukee Bucks, pero foi traspasado o mesmo día do Draft aos Orlando Magic. Bogans xogou de titular na metade dos partidos na súa tempada coma rookie, acadando 6.8 puntos, 4.3 rebotes e 2.9 asistencias por partido.

Charlotte Bobcats Os Magic decidiron traspasar a Bogans aos Charlotte Bobcats a cambio de Brandon Hunter o 1 de novembro de 2004. Bogans continuou medrando coma xogador para os Bobcats na tempada 2004-05, sendo titular en 42 de 76 partidos, e facendo 9.6 puntos por encontro.

Houston Rockets O 9 de febreiro de 2006, Bogans foi traspasado aos Houston Rockets por Lonny Baxter. Coma curiosidade, Chuck Hayes e Gerald Fitch, antigos compañeiros de Bogans na Universidade de Kentucky, xunto a el mesmo, foron nalgún momento membros dos Rockets.

Segundo ciclo en Orlando Bogans asinou de novo cos Magic en xullo de 2006 coma axente libre.Magic Sign Free Agent Keith Bogans, Orlando Magic home page, 13 de xullo de 2006

O 22 de novembro de 2008, Bogans, de titular no primeiro partido da tempada 2008-09, mancouse na súa man no partido contra os Houston Rockets.Bogans, Magic's top reserve, to miss 4-6 weeks with broken thumb Perderíase entre 4-6 semanas de liga. Con todo, recuperouse moito antes do previsto, o 3 de decembro, e coma se esperaba,Thunder-Magic Preview volveu o 5 de decembro contra os Oklahoma City Thunder, anotando 9 puntos en 26 minutos.Thunder 89, Magic 98 - Box score

Milwaukee Bucks e San Antonio Spurs O 5 de febreiro de 2009, Bogans foi traspasado aos Milwaukee Bucks a cambio de Tyronn Lue e diñeiro.Magic acquire point guard Lue

Bogans asinou polos San Antonio Spurs en setembro de 2009. Durante a tempada 2009-10 cos Spurs, Bogans anotou 17 puntos, a súa mellor marca da tempada contra os Minnesota Timberwolves o 13 de abril de 2010.Spurs rout T-Wolves, avoid 8th seed in West on ''Yahoo! Sports; Weber, Paul (13 de abril de 2010)

Chicago Bulls Bogans fichou polos Chicago Bulls o 11 de agosto de 2010.Bulls sign guard Keith Bogans Durante a tempada regular 2010-11, Bogans foi titular para os Bulls, e acadou 4.4 puntos, 1.8 rebotes e 1.2 asistencias.

O 15 de marzo de 2011, Bogans anotou 17 puntos, mellor marca da tempada, na vitoria contra os Washington Wizards para axudar aos Bulls a asegurar a primeira praza da Conferencia Leste.Bulls win 7th straight, are alone atop East race on ''Yahoo! Sports (15 de marzo de 2011) Bogans ademais anotou 15 puntos no quinto partido na primeira rolda dos Playoffs contra os Indiana Pacers, onde os Bulls conseguiron o seu pase á segunda rolda.Rose, Bulls eliminate Pacers, 116-89 on ''Yahoo! Sports (27 de abril de 2011)

En decembro de 2011, foi cortado polos Bulls.

New Jersey / Brooklyn Nets O 1 de febreiro de 2012, os New Jersey Nets ficharon a Bogans. Tras unha lesión contra os Detroit Pistons o 8 de febreiro, foi cortado polos Nets uns días máis tarde, pero asinou de novo con eles no verán de 2012.

Boston Celtics Bogans foi renovado e traspasado ós Boston Celtics o 12 de xullo de 2013, como parte dun traspaso que mandou a Kevin Garnett e a Paul Pierce ós Nets.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com ClutchFans.net Perfil Keith Bogans Biografía en Kentucky

Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados en Washington, D.C. Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos Charlotte Bobcats Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos San Antonio Spurs Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos New Jersey Nets Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores dos Boston Celtics