Xavier Fernández Ríos, nado en Moaña en 1957, é un pintor e escultor galego.
Traxectoria Empezou os estudos de Primaria na Escola do Coxo, preto da súa casa, e rematounos no Seminario Menor en Santiago de Compostela. Despois, estudou Formación profesional (torneiro mecánico) en Pontevedra. O traballo de Xavier Ríos vai da pintura á escultura, na que utiliza metais diferentes e pedra. Algunhas esculturas súas están en Cangas de Morrazo e Moaña. miniatura|250px|Avión de papel en Moaña. Dende 1988 ata hoxe son moitas as exposicións nas que participa tanto a nivel individual como formando parte de colectivos. Na actualidade imparte clases particulares de pintura e debuxo en Moaña. Está moi interesado na aplicación da informática ao traballo artistíco.
Exposicións 1993 - Galería Sargadelos. Ourense 1994 - Galería Sargadelo de Vigo e Galería Sargadelos de Pontevedra 1997 - Caixa Vigo Nova Sala Vigo 1999 - Caja Madrid, Palacete Mendoza. Pontevedra 2000 - Galería M.C. Santiago de Compostela 2002 - Sala Asociación Cultural A Carón do mar. Cangas de Morrazo.
Galardóns e recoñecementos Dende 1995 o seu traballo tamén foi recoñecido con premios e bolsas de estudo:
1995: Bolsa Novos Valores. Deputación de Pontevedra 1995: Accésit Certame de Pintura Gran Bazán. Pontevedra 1997: I Premio de Escultura Artistas do Morrazo. Cangas de Morrazo. 1998: III Premio de Pintura Salón de Outono R. A. Bellas Artes. A Coruña 2004: Accésit Certame de Pintura Conxemar. Vigo. Díaz Pardo. Deputación A Coruña 2010: seleccionado no certame Terras de Iria. A Coruña 2010: seleccionado no XXVII Certame de Pintura. Cambre Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Bibliografía en PintoresGallegos.com .
Categoría:Nados en 1958 Categoría:Nados en Moaña Categoría:Pintores de Galicia Categoría:Escultores de Galicia Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes