Jason Victor Smith, nado o 2 de marzo de 1986 en Kersey, Colorado, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional. Antes de ser profesional xogou para a Universidade de Colorado State.

Traxectoria profesional Smith foi elixido na 20ª posición do Draft da NBA de 2007 polos Miami Heat, pero foi traspasado na noite do Draft, o 28 de xuño de 2007, aos Philadelphia 76ers a cambio do escolta Daequan Cook. Smith xogou nove partidos na liga de verán, acadando 9.9 puntos, 6.0 rebotes e 1.0 asistencias en 26.1 minutos de xogo por partido. O 8 de agosto de 2008, o director xeral do Sixers anunciou que Smith se rompera o ligamento cruzado anterior do seu xeonllo esquerdo nun adestramento dos Sixers en Las Vegas.http://sports.espn.go.com/nba/news/story?id=3525461

Smith foi traspasado aos New Orleans Hornets xunto a Willie Green a cambio de Darius Songaila e o rookie Craig Bracking, o 23 de setembro de 2010.http://sports.espn.go.com/nba/news/story?id=5607517 O 1 de febreiro de 2011, Smith conseguiu a maior marca de anotación da súa carreira, con 20 puntos contra os Washington Wizards.

O 7 de febreiro de 2019, Smith foi traspasado xunto a Stanley Johnson e catro futuras eleccións da segunda rolda do Draft ós New Orleans Pelicans nun traspaso entre tres equipos que tamén mandou a Thon Maker ós Detroit Pistons, e a Nikola Mirotić ós Milwaukee Bucks.Bucks land sharpshooter Mirotic from Pelicans

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados en Colorado Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Miami Heat Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos New Orleans Hornets Categoría:Xogadores dos New Orleans Pelicans Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks