Earl Rashad Clark, nado o 17 de xaneiro de 1988 en Plainfield, Nova Jersey, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto profesional.

Traxectoria profesional NBA Clark foi elixido na 14ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Phoenix Suns.Coro, Paul (26 de xuño de 2009). - "A new look in the works". - The Arizona Republic. Clark foi enviado aos Iowa Energy da NBA Development League o 15 de marzo de 2010, tras facer tan só 2.7 puntos, 1.1 rebotes en 7.6 minutos de xogo en 45 partidos.

O 18 de decembro de 2010, Clark foi traspasado aos Orlando Magic xunto a Jason Richardson e Hedo Türkoğlu a cambio de Vince Carter, Marcin Gortat, Mickaël Piétrus, unha elección de primeira rolda do Draft de 2011 e 3 millóns de dólares.

China En agosto de 2011, asinou un contrato dun ano cos Zhejiang Lions da Chinese Basketball League. Porén, ó seguinte mes deixou o equipo por motivos familiares, e non chegou a disputar ningún partido.

Regreso á NBA O 10 de agosto de 2012, Clark foi traspasado ós Los Angeles Lakers no traspaso entre catro equipos que mandou a Dwight Howard ós Lakers.

O 12 de xullo de 2013, Clark asinou cos Cleveland Cavaliers.Cavaliers Sign Jack and Clark O 20 de febreiro de 2014, os Cavaliers traspasaron a Clark xunto a Henry Sims e dúas futuras eleccións de segunda rolda do Draft ós Philadelphia 76ers a cambio de Spencer Hawes,Sixers Acquire Two Second-Round Picks in 2014 NBA Draft From Cleveland Cavaliers pero foi cortado ó día seguinte.Sixers Waive Earl Clark

O 27 de febreiro de 2014, asinou un contrato de dez días cos New York Knicks. O 10 de marzo de 2014, asinou un segundo contrato de dez días cos Knicks.

O 25 de setembro de 2014, Clark asinou cos Memphis Grizzlies.Memphis Grizzlies announce 2014 Training Camp roster

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en BasketballReference.com

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados no condado de Union, Nova Jersey Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores do Beşiktaş JK (baloncesto) Categoría:Xogadores do KK Budućnost Podgorica Categoría:Xogadores do CB Miraflores