Kris Nathan Humphries, nado o 6 de febreiro de 1985 en Minneapolis, Minnesota, é un ex xogador de baloncesto profesional estadounidense que disputou 13 tempadas na NBA. Con 2,06 metros xogaba na posición de ala-pivote.

Traxectoria profesional Humphries foi elixido na 14ª posición do Draft da NBA de 2004 polos Utah Jazz.Kris Humphries Statistics , basketball-reference.com, consultado o 29 de abril de 2007. Xogou dúas tempadas en Utah, onde acadou 3.6 puntos e 2.7 rebotes por partido, en 11.6 minutos de xogo.Kris Humphries Info Page – Career Stats and Totals , NBA.com, consultado o 29 de abril de 2007.

O 8 de xuño de 2006, Humphries foi traspasado xunto con Robert Whaley aos Toronto Raptors a cambio de Rafael Araújo.Raptors Acquire Kris Humphries & Robert Whaley for Araujo, nba.com/raptors, 8 de xuño de 2006, consultado o 29 de abril de 2007. Na tempada 2006-07, tras un comezo frouxo no cal non recibiu moitos minutos do seu adestrador Sam Mitchell, Humphries demostrou ser un gran reboteador con moita enerxía, e contribuíu a que os Raptors conseguiran o primeiro título da División Atlántico da súa historia.Campbell, Morgan, "Humphries, Jackson bring energy off Raptors' bench", thestar.com, 15 de abril de 2007, consultado o 29 de abril de 2007. O 28 de marzo de 2007, capturou sete rebotes ofensivos en 27 minutos contra os Miami Heat, ambas marcas as maiores da tempadaHeat at Raptors Boxscore , nba.com, 28 de marzo de 2007, consultado o 14 de abril de 2007. e da súa carreira.Arthur, Bruce, "Small Raptors come up big against Heat" , canada.com, 29 de marzo de 2007, consultado o 29 de abril de 2007. O 13 de abril de 2007, mellorou esas marcas na vitoria dos Raptors contra os Detroit Pistons, con nove rebotes ofensivos, e 18 rebotes totais.Pistons at Raptors Boxscore , nba.com, 13 de abril de 2007, consultado o 14 de abril de 2007.Raptors Post Up, nba.com/raptors, 13 de abril de 2007, consultado o 14 de abril de 2007. Humphries rematou a súa primeira tempada cos Raptors con 3.1 rebotes por partido e cunha porcentaxe de tiros de campo dun 47%, con 3.8 puntos por partido.

O 9 de xullo de 2009, Humphries, Shawn Marion e Nathan Jawai foron traspasados aos Dallas Mavericks como parte dun traspaso entre catro equipos: Raptors, Mavericks, Orlando Magic e Memphis Grizzlies.

O 11 de xaneiro de 2010, os Mavericks traspasaron a Humphries xunto a Shawne Williams aos New Jersey Nets para adquirir de novo a Eduardo Nájera. O 27 de xaneiro de 2010, Humphries anotou 25 puntos, o máximo da súa carreira, contra Los Angeles Clippers.

A tempada 2010-11 foi unha gran tempada para Humphries, ao rematala acadando un dobre-dobre en puntos e rebotes.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados en Minneapolis, Minnesota Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Utah Jazz Categoría:Xogadores dos Utah Jazz Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores dos New Jersey Nets Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks