Antonio Jesús Vázquez Muñoz, nado en Santa Olalla del Cala (Huelva) o 18 de xaneiro de 1980, é un futbolista español. Xoga de centrocampista e o seu equipo actual é o Recreativo de Huelva.
Traxectoria En 1999 iniciouse no CF Extremadura, club no que permaneceu até 2002. Ese ano foi contratado polo CD Tenerife, que estaba acabdo de descender a Segunda División. Fixo o seu debut en Soria, nunha eliminatoria de Copa ante o CD Numancia, en setembro de 2002. Foi un dos xogadores máis utilizados por tódolos adestradores que pasaron polo Tenerife, case sempre sendo titular.
Despois de catro tempadas no Tenerife, en 2006 foi contratado polo Recreativo de Huelva, entón en Primeira División.
O 28 de xuño de 2011 anunciouse a súa contratación polo Deportivo da Coruña.
Palmarés Deportivo Segunda División: 2011–12
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en futbolme.com
Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados en Santa Olalla del Cala Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do CF Extremadura Categoría:Xogadores do CD Tenerife Categoría:Xogadores do Recreativo de Huelva Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña