Kemba Hudley Walker, nado o 8 de maio de 1990 en Bronx, Nova York, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional.
Traxectoria profesional O 23 de xuño de 2011, Walker foi elixido na 9ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Charlotte Bobcats. O 11 de decembro de 2011, asinou o seu contrato coma rookie cos Bobcats, e coa lesión do base D.J. Augustin, converteuse no seu base titular. O 28 de xaneiro de 2012, conseguiu a súa primeira tripla-dobre, con 20 puntos, 11 asistencias e 10 rebotes, uníndose a Boris Diaw e a Stephen Jackson coma os únicos en conseguir un na historia dos Bobcats. Walker participou no Rising Stars Challenge de 2012 durante o All-Star Weekend da NBA.
O 6 de xullo de 2019, Walker asinou cos Boston Celtics. O 18 de xuño de 2021, Walker foi traspasado xunto a unha elección da primeira rolda do Draft de 2021 e outra da segunda rolda de 2025 ós Oklahoma City Thunder, a cambio de Al Horford, Moses Brown e unha elección da segunda rolda do Draft de 2023. Walker foi cortado polos Thunder o 6 de agosto de 2021.
O 18 de xuño de 2021, Walker foi traspasado ós Oklahoma City Thunder xunto a unha elección da primeira rolda do Draft de 2021 e unha elección da segunda rolda do Draft de 2025, a cambio de Al Horford, Moses Brown e unha elección da segunda rolda do Draft de 2023. O 6 de agosto de 2021, Walker foi cortado polos Thunder, e cinco días máis tarde asinou cos New York Knicks.
O 6 de xullo de 2022, Walker foi traspasado xunto a Jalen Duren ós Detroit Pistons a cambio de catro futuras eleccións da primeira rolda do Draft. O 17 de outubro de 2022, foi cortado polos Pistons sen chegar a debutar en partido oficial.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Charlotte Bobcats Categoría:Xogadores dos Charlotte Bobcats Categoría:Xogadores dos Charlotte Hornets Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores do AS Monaco Basket