Clarinbridge ou Droichead an Chláirín en irlandés é unha vila situada ao sur de Galway, Irlanda na diocese de Kilmacduagh, na desembocadura do río Clairin na baía de Dunbulcaun (no extremo oriental da baía de Galway). É famoso pola súa festa anual da ostra, celebrado na segunda semana de setembro.

Clarinbridge foi a casa da familia Redington, que comprou boa parte da vila. A igrexa está localizada na súa rúa principal. Hai moitas outras ruínas nos seus arredores, salientando as de Killeely. Ten ademais unha importante tradición de hurling.

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web de Clarinbridge Información turística de Clarinbridge

Categoría:Localidades do condado de Galway