O Ducado de Milán, tamén chamado Milanesado ou Estado de Milán, foi durante a Idade Media a principal potencia do norte de Italia.
O ducado foi creado en 1395 por Gian Galeazzo Visconti, señor de Milán. Cando a dinastía Visconti se extinguiu en 1447, Milán foi declarado unha República, a pesar das pretensións do duque de Orleáns, lexítimo herdeiro. Orleáns foi incapaz de tomar posesión da súa herdanza, pero a República durou pouco. O aventureiro Francesco Sforza, casado cunha filla do último Visconti, tomou Milán en 1450, autoproclamándose duque.
Dominio francés En 1498 o fillo do duque de Orleáns converteuse en rei de Francia como Lois XII e pretendeu facer efectivas as reclamacións do seu pai sobre Milán, invadíndoo e expulsando a Ludovico Sforza en 1499. Este dominio francés durou até 1513, cando forzas suízas repuxeron ao fillo de Ludovico, Massimiliano, no trono. En 1515 os franceses, baixo Francisco I de Francia, venceron na batalla de Marignano, capturando a Massimiliano e retomando o ducado. De novo foron expulsados en 1521; desta vez, as forzas austríacas coroaron ao irmán de Massimiliano, Francesco II Sforza.
Despois da decisiva derrota francesa na Batalla de Pavia (1525), que deixou a Carlos I de España como principal forza en Italia, Francesco uniuse á Liga de Cognac, xunto ás repúblicas de Venecia, Florencia, o papa Clemente VII e os franceses en contra de Carlos V. Isto levou á rápida expulsión de Francesco de Milán por forzas imperiais, aínda que mantivo algún control sobre outras cidades do ducado, e acabou recuperando Milán polo Tratado de Cambrai (1529).
Dominio español Cando Francesco morreu sen herdeiros en 1535, abriuse unha pugna entre Francisco I de Francia e o emperador Carlos V pola súa sucesión. Despois varias guerras, o emperador anexionou o ducado, investindo ao seu fillo Filipe como duque. Finalmente, o Tratado de Cateau-Cambrésis de 1559 recoñeceu a anexión do Milanesado por parte de España.
O ducado de Milán seguiu sendo español até a Guerra de Sucesión Española, no século XVIII. Despois da morte de Carlos II herdou as súas posesións Filipe de Anjou, ao que se opuxo o Arquiduque Carlos de Austria quen tamén tiña pretensións á coroa española.
Dominio imperial miniatura|300px|Italia setentrional en 1796
O 26 de setembro de 1706 as tropas austríacas tomaron Milán, que pasou a mans do Arquiduque de Austria. Esta situación de dominación austríaca confirmouse legalmente no Tratado de Utrecht. O ducado foi definitivamente ratificado como posesión dos Habsburgo polo Tratado de Baden de 1714.
Dominio napoleónico Así permaneceu até a súa conquista por parte de Napoleón Bonaparte, durante as Guerras napoleónicas, en 1796. O ducado foi cedido polo Tratado de Campoformio á nacente República Cisalpina.
Unificación italiana A restauración, despois do Congreso de Viena, significou o seu retorno a Austria, aínda que pronto foi obxectivo do nacionalismo italiano, sendo conquistado polo reino do Piemonte durante as guerras que levaron á unificación italiana.
Gobernantes do Ducado de Milán A seguinte é unha lista dos gobernantes de Milán desde o século XIII até 1859, cando Milán e o resto da Lombardía foron incorporados ao Reino de Piemonte-Sardeña.
Nome Mandato NotasSeñores de Milán, casas de della Torre (tamén coñecida como Torriani) e Visconti (1197–1395) Pagano I della Torre 1197–1241 Pagano II della Torre 1247–1257 Manfredo Lancia 1253–1256 Martín della Torre 1257–1259 Oberto Pelavicino 1259–1264 Filipe della Torre 1263–1265 Napoleón della Torre 1265–1277 Otón Visconti, Arcebispo de Milán 1277–1294 Mateo I Visconti 1294–1302 Guido della Torre 1302–1311 Mateo I Visconti 1311–1322 (reposto) Galeazzo I Visconti 1322–1327 Azzone Visconti 1329–1339 Luchino Visconti 1339–1349 Giovanni Visconti, Arcebispo de Milán 1349–1354 Mateo II Visconti 1349–1355 Galeazzo II Visconti 1349–1378 Bernabé Visconti 1349–1385 Gian Galeazzo Visconti 1378–1395 Duques de Milán, casa de Visconti (1395–1447) Gian Galeazzo Visconti 1395–1402 Giovanni Maria Visconti 1402–1412 Fillo de Gian Galeazzo; asasinado Filipe María Visconti 1412–1447 Irmán de Gian MaríaRepública Ambrosiana (1447–1450)República AmbrosianaDuques de Milán, casa de Sforza (1450–1499) Francisco I Sforza 1450–1466 casado cunha filla de Filipe María Galeazo María Sforza 1466–1476 Fillo de Francisco Gian Galeazzo Sforza 1476–1494 Fillo de Galeazzo María Ludovico Sforza 1494–1499 fillo de FranciscoDuques de Milán, alternancia das casas de Sforza e Valois - guerras hispano-francesas de Milán (1499–1540) Lois XII de Francia 1499–1500 neto de Valentina, filla de Gian Galeazzo Visconti Ludovico Sforza 1500 (reposto) Lois XII de Francia 1500–1512 (reposto) Maximiliano Sforza 1512–1515 fillo de Ludovico Francisco I de Francia 1515–1525 bisneto de Valentina Francisco II Sforza 1525–1535 fillo de Ludovico, irmán de MaximilianoDuques de Milán, casas de Austria e de Borbón - goberno español (1540–1706) Filipe II de España 1540–1598 Despois da morte de Francisco II, o emperador Carlos V reclamou o ducado para o seu fillo Filipe. Filipe III de España 1598–1621 fillo de Filipe II Filipe IV de España 1621–1665 fillo de Filipe III Carlos II de España 1665–1700 fillo de Filipe IV Filipe V de España 1700–1706 bisneto de Filipe IVDuques de Milán, casa de Habsburgo - goberno austríaco (1706-1797) Carlos VI 1706–1740 bisneto de Filipe III María Tareixa I de Austria 1740–1780 filla de Carlos VI Xosé II de Habsburgo 1780–1790 fillo de María Teresa Leopoldo II de Austria 1790–1792 irmán de Xosé II Francisco I de Austria 1792–1797 fillo de Leopoldo IIRepública Cisalpina (1797–1799)República CisalpinaDuques de Milán, casa de Habsburgo - goberno austríaco (1799-1800) Francisco I de Austria 1799–1800 (reposto) Comisión Imperial do conde de Mantua 1800República Cisalpina restaurada (1800–1805) Comisión Extraordinaria de Goberno 1800–1802 Napoleón Bonaparte 1802–1805 Presidente da República CisalpinaReis de Reino de Italia, casa Bonaparte - goberno francés (1805-1814) Napoleón Bonaparte 1805–1814 previamente Presidente da República Cisalpina Eugène de Beauharnais 1805–1814 Vicerri do Reino de ItaliaReis de Lombardía-Venecia, casa de Habsburgo - goberno austríaco (1814-1859) Francisco I de Austria 1814–1835 previamente Duque de Milán Príncipe Henrique XV Reuss zu Plauen 1814–1815 Vicerrei de Francisco I Conde Federico Henrique von Bellegarde 1815–1816 Vicerrei de Francisco I Arquiduque Antón Vítor de Austria 1816–1818 Vicerrei de Francisco I Arquiduque Rainiero de Austria 1818–1835 Vicerrei de Francisco I Fernando I de Austria 1835–1848 fillo de Francisco I Arquiduque Rainiero de Austria 1835–1848 Vicerrei de Fernando I Francisco Xosé I de Austria 1848–1859 primo de Fernando IConde Joseph Radetzky von Radetz 1848–1857 Vicerrei de Francisco XoséArquiduque Maximiliano de Austria 1857–1859 Vicerrei de Francisco XoséConde Ferencz Gyulai1859 Vicerrei de Francisco XoséBaron Heinrich Hermann von Hess1859 Vicerrei de Francisco Xosé
Véxase tamén Bibliografía Cappelli, Adriano (1898): Cronologia Cronografia e Calendario Perpetuo. Milán: Hoepli. ISBN 88-203-2502-0 VV. AA. (1844): Milano e il suo territorio, Volume 1, Ed. Picola, páx. 85
Outros artigos Gobernadores do Milanesado. Imperio austríaco. Guerras napoleónicas. Unificación italiana. Historia de Italia.
Categoría:Historia de Italia Categoría:Estados cristiáns Categoría:Estados da Idade Moderna