Javaris Cortez Crittenton, nado en Atlanta (Xeorxia) o 31 de decembro de 1987, é un ex xogador americano de baloncesto profesional.
Traxectoria Crittenton foi elixido na 19ª posición do Draft da NBA de 2007 polos Los Angeles Lakers. Durante un partido da Summer League, o 8 de xullo de 2007, anotou 18 puntos, incluíndo un lanzamento a falta de 1.7 segundos para o remate do partido, que lle deu a vitoria ao seu equipo. No primeiro partido da pretempada dos Lakers contra os Golden State Warriors en Honolulu, Crittenton anotou 18 puntos e deu unha asistencia na derrota por 111-110.
O 1 de febreiro de 2008, Crittenton foi traspasados aos Memphis Grizzlies xunto con Kwame Brown, Aaron McKie, os dereitos de Marc Gasol e dúas futuras eleccións de primeira rolda dos drafts de 2008 e 2010, a cambio de Pau Gasol e unha elección da segunda rolda do Draft de 2010. O 2 de abril de 2008, Crittenton anotou 23 puntos, a maior anotación na súa carreira, na vitoria dos Grizzlies por 130-114 contra os New York Knicks.
O 10 de decembro de 2008, Crittenton formou parte dun traspaso entre tres equipos que o mandou aos Washington Wizards xunto con Mike James dos New Orleans Hornets. A cambio, os Wizards recibiron unha elección de primeira rolda do Draft dos Memphis Grizzlies e a Antonio Daniels dos Hornets.
O 22 de setembro de 2010, asinou un contrato cos Charlotte Bobcats. Os Bobcats prescindiron de Crittenton o 15 de outubro de 2010.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball Reference Perfil en ESPN.com
Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en Atlanta, Xeorxia Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos Washington Wizards