Austin Darren Daye, nado o 5 de xuño de 1988 en Irvine (California), é un xogador estadounidense de baloncesto profesional. Actualmente é axente libre, sendo o seu último equipo o Reyer Venezia Mestre da LBA italiana. Durante a súa formación xogou para instituto Woodbridge, en Irvine, onde fixo unha media de 30,9 puntos, 12,4 rebotes e 5,4 tapóns por partido, e para a Universidade de Gonzaga.

Traxectoria Foi elixido na 15ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Detroit Pistons. Durante o lockout da NBA de 2011, xogou para o Khimki BC ruso.Khimki adds big man Daye O 30 de xaneiro de 2013, Daye e Tayshaun Prince foron traspasados ós Memphis Grizzlies a cambio de José Calderón nun traspaso entre tres equipos que mandou a Rudy Gay ós Toronto Raptors.

O 1 de agosto de 2013, Daye asinou cos Toronto Raptors. O 20 de febreiro de 2014, Daye foi traspasado ós San Antonio Spurs a cambio de Nando de Colo.Spurs Acquire Austin Daye Os Spurs conseguiron o campionato da NBA en 2014 tras vencer ós Miami Heat nas Finais da NBA por 4-1; a achega de Daye nos playoffs foi dun rebote en seis minutos de xogo. O 17 de febreiro de 2015, foi cortado polos Spurs.Spurs Waive Austin Daye

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Irvine, Estados Unidos Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores do BC Khimki Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores dos San Antonio Spurs Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores do Victoria Libertas Pesaro Categoría:Xogadores do Galatasaray SK (baloncesto)‎ Categoría:Xogadores do Hapoel Jerusalem BC‎ Categoría:Xogadores do Reyer Venezia