Jordi Carreras Serrano, nado en Sabadell (Barcelona) o 29 de decembro de 1959, é un exfutbolista español. Xogaba de defensa.

Traxectoria Na tempada 1979–80 xogou no CE Sabadell de Segunda División, participando en 35 partidos. Na tempada 1980–81 foi contratado polo Deportivo da Coruña, permanecendo no club galego catro tempadas, nas que sumou 124 partidos e 4 goles.

Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados en Sabadell Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do CE Sabadell Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña