Alice in Wonderland é un filme estadounidense dirixido por Tim Burton que se estreou no 2010. O filme baséase na novela de 1865 de Lewis Carroll Alicia no país das marabillas e a súa continuación Alicia do outro lado do espello (Through the looking-glass, and what Alice found there, de 1871).

Sinopse Alicia (Mia Wasikowska), unha rapaza de 19 anos, asiste a unha festa da alta sociedade, chea de xente aburrida, que se celebra nunha mansión vitoriana. Cando se decata de que está a piques de recibir publicamente unha proposta de matrimonio, sae correndo tras un coello branco, ó cal segue a través dun burato e vai a parar ó País das Marabillas, un lugar que xa visitara dez anos antes, aínda que non o lembra. Este país era un reino pacífico ata que a Raíña Vermella (Helena Bonham Carter) derrocou á súa irmá, a Raíña Branca (Anne Hathaway), pero as criaturas que viven nel, están dispostas a rebelarse e agardan contar coa axuda de Alicia. Ó mesmo tempo, axudarán á rapaza a lembrar a súa primeira visita ó fantástico reino. Baseada no popular libro de Lewis Carroll e ambientada dez anos despois dos feitos que nel se relatan.

Personaxes Mia Wasikowska como Alicia Johnny Depp como Tarrant Hightopp, o Sombreireiro Tolo. Helena Bonham Carter como Iracebeth, a Raíña Vermella. Anne Hathaway como Mirana, a Raíña Branca. Crispin Glover como Ilosovic Stayne. Marton Csokas como Charles Kingsley, pai de Alicia. Lindsay Duncan como Helen Kingsley, nai de Alicia. Jemma Powell como Margaret, irmá de Alicia. Frances de la Tour como Imogene, tío de Alicia. John Hopkins como Lowell, marido da irmá de Alicia. Tim Piggott-Smith como Lord Ascot Geraldine James como Lady Ascot Leo Bill como Hamish Ascot, prometido de Alicia.

Galardóns e nomeamentos 2010: 2 Oscars: Mellor dirección artística e vestiario. 3 nomeamentos: efectos visuais. 2010: Globos de Ouro: 3 nomeamentos, incluíndo Mellor filme comedia ou musical. 2010: 2 Premios BAFTA: Mellor vestiario e maquillaxe. 5 nomeamentos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity Web Oficial

Categoría:Filmes de 2010 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes de 2010 en 3D Categoría:Filmes dirixidos por Tim Burton Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes ambientados en 1871 Categoría:Filmes feministas Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX