O Bombardier 415 (antigamente Canadair CL-415) é un avión anfibio canadense deseñado especificamente para a loita contra-incencios. Está baseado no avión da mesma compañía CL-215. Nos Estados Unidos comercialízase co nome "Superscooper."
Deseño En 1987, seguindo as tendencias do mercado cara motores turbohélice máis eficientes, potentes e fiables, Canadair levou a cabo a tarefa de modernizar varios fuselaxes de CL-215 instalando motores Pratt & Whitney Canada PW123AF, conseguindo un incremento de potencia dun 15% con respecto aos motores de pistóns orixinais. O avión foi denominado CL-215T e tamén ten varias melloras aerodinámicas e de sistemas, que inclúen controis motorizados, aire acondicionado na cabina e tamén melloras nos sistemas eléctricos e de aviónica. As características externas máis notables do novo CL-215T foron engadidos aerodinámicos nas ás e na empenaxe.
Baseado no exitoso CL-215, a compañía presentou o CL-415, unha nova serie de produción que comezou en 1993. O 415 ten unha cabina actualizada, melloras na aerodinámica e cambios no sistema de liberado de auga, creando un moderno avión contra-incendios para ser usado na detección e extinción de incendios forestais.
Comparado co CL-215, o 415 incrementou o peso e a velocidade operacional, producindo unha maior produtividade e rendemento. O 415 pode sacar ata 6.140 litros dunha fonte de auga próxima, mesturada cunha escuma química se se desexa, e arroxala ao lume sen ter que regresar á base para encher os seus tanques. O 415 foi desenvolvido especificamente para proporcionar a capacidade de lanzar grandes cantidades de auga como resposta rápida a un incendio. O avión está construído para que sexa fiable e teña unha vida operacional longa, ao estar feito con materiais resistentes á corrosión.
O primeiro 415 voou o 6 de decembro de 1993 e comezou a ser entregado en novembro de 1994. Pronto lle seguiron pedidos de varios países. En recoñecemento ás súas habilidades nas tarefas de extinción do lume, o avión foi galardoado co prestixioso "Batefuegos de oro".
Dos 76 construídos, sete foron retirados do servizo debido a accidentes.
O avión precisa unha lonxitude de 1.340 onde voar a 15 metros de altitude, e despois poder descender para coller 6.137 litros de auga durante un período de 12 segundos nun percorrido de 410 m sobre a superficie da auga.
Usuarios
Ministry of Natural Resources and Wildlife (Quebec) - 8 Ministry of Natural Resources (Ontario) - 9 Department of Natural Resources (Newfoundland e Labrador) - 4 Government Air Services, Manitoba - 4
Forza aérea croata - 6
Sécurité Civile - 12 e 3 pedidos Keijsper 2008, p. 40.
Forza aérea grega - 8
Protezione Civile - 15
Forza aérea española - 3 e 2 pedidosKeijsper 2008, p. 43. Unidade militar de emerxencias (UME) - 2 pedidos
Los Angeles County Fire Department - aluga 2 do Quebec para usar durante a estación de lumes. Condado de San Diego - aluga 2 do Quebec para usar durante tres meses, dende o 13 de setembro ao 13 de decembro"County leases fire-fighting planes from Quebec." SignOnSanDiego. Retrieved: July 29, 2011.
Axencia Malaisia de vixilancia marítima - dous 415MP pedidos.Vogelaar, Rob."Bombardier Sells Four Bombardier 415 Amphibious Firefighting Aircraft to an Undisclosed Customer." aviationnews.eu, March 28, 2011. Retrieved: July 29, 2011.
Forza aérea marroquí - 4 (dous pedidos)
Notas
Véxase tamén
Categoría:Aeronaves de Bombardier Categoría:Hidroavións Categoría:Aviación civil Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1993