Delfín Quishpe Apugllón, coñecido artisticamente como Delfín hasta el fin, nado en San Antonio de Encalado (Guamote, Chimborazo) o 28 de decembro de 1977, é un cantante, compositor e político ecuatoriano. Foi alcalde do cantón Guamote dende 2019 até 2023, substituído por Miguel Marcatoma. Coa súa carreira musical, Quishpe acadou sona na década de 2000 logo de popularizarse os seus videoclips musicais en YouTube,Leo Marcazzolo, "Sería una sorpresa cantar en Viña", The Clinic No. 197, 2007-01-04. An online copy can be found on http://www.lesterfibla.com/documentos/delfin.doc mentres que no eido político tivo inconvenientes xudiciais, entre os que salienta o proceso aberto por parte da Fiscalía Xeral do Estado, por «presunto» tráfico de influencias e corrupción.
A súa transcendencia en gran parte provén do carácter involuntariamente cómico da súa música. Os videoclips das súas cancións «Torres Gemelas» e «En tus tierras bailaré», xunto a La Tigresa del Oriente e Wendy Sulca, seguen sendo os que máis atención recibiron.David Sasaki, Ecuador, Chile: Kitsch Goes for Cash on YouTube, Global Voices, 2007-03-07. Ademais, el mesmo actúa cun estilo denominado por el como "tecno folclore andino".
En 2011, realizou o seu videoclip «Todo hombre es un minero», dedicado aos 33 mineiros chilenos e foi nomeado como «Celebridade Web do Ano» na canle MTV Latinoamérica. En 2012, participou na segunda emisión do YouFest, celebrado en Madrid. Anos máis tarde, empezou a dedicar por completo á política e afiliouse ao partido indixenista Pachakutik, gañando os comicios en Guamote.
Traxectoria Naceu nunha comunidade quechua, e principiou co seu labor musical desde coa composición de temas folclóricos. Traballa no ensino de instrumentos e sons tradicionais a rapaces da súa comunidade, e forma parte de conxuntos musicais e de danzas folclóricas como Revelación (1997), Sensación del momento (1998) e Jatun Ayllu (1999-2000). En 2022, graduouse como tecnólogo en Promoción e Defensoría Social, egresado do Instituto Superior Tecnolóxico Jatun Yachay Wasi, en Balbanera, Colta.
Publicou tres discos: El Faraón del Ritmo (2001), El Gallito (2003) e Torres Gemelas (2005).
Carreira política
Alcaldía do cantón Guamote A finais da década de 2010 decidiu dar un receso á súa carreira artística e afiliouse á partido Pachakutik. Delfín foi o candidato de devandito partido para a alcaldía do cantón Guamote, nas eleccións locais de Ecuador de 2019. Quishpe proclamouse vencedor logo de obter o 29,09% dos votos, sacando máis de cinco puntos ao seu competidor Carlos Guaraca (18,80%), obtendo 6.223 votos e así dando o triunfo para o período 2019-2023.
O 4 de xuño de 2020, a Fiscalía de Ecuador violou as oficinas das dependencias municipais do Goberno Autónomo Descentralizado de Guamote, por «presunto» peculado na adquisición de desinfectantes no contexto da emerxencia sanitaria pola pandemia de COVID-19 en Ecuador. Quishpe, aclarou o asunto e informou que:
En 2021, Quishpe Apugllón impediu a caravana do daquela candidato presidencial Guillermo Lasso (presidente de Ecuador a partir dese ano) ao cantón onde ten xurisdición o alcalde. Despois pediu desculpas publicamente a través dunha carta ao político polo altercado.
En 2023, é substituído como alcalde de Guamote polo candidato Miguel Marcatoma do partido de esquerdas Revolución Cidadá. Segundo o informe do Consello Nacional Electoral, Marcatoma reuniu 6.670 votos, o que equivale ao 26,39%.
Xuízo por corrupción O 31 de maio de 2021, foi chamado a xuízo por Oswaldo Ruiz, presidente da Corte Provincial de Xustiza de Chimborazo, xunto a outras tres persoas, por «presunto» delito de tráfico de influencias. Segundo o xornal El Mercurio de Ecuador, elevou os prezos na compra de materiais de bioseguridade contra o COVID-19 e dita transacción favoreceu aos implicados con 96.608 dólares e mais o imposto ao valor engadido. De ser condenado, podería enfrontar unha pena de 3 a 5 anos de cárcere. A comezos de decembro de 2021, a Fiscalía de Ecuador acusouno a 5 anos de cadea por «presunto» tráfico de influencias e corrupción, aínda que seguiu como alcalde de Guamote, con presentación periódica ante a autoridade competente cada 15 días.
Discografía Álbums de estudio 2001: El faraón del ritmo 2003: El gallito 2005: Torres Gemelas
Sinxelos «La colegiala» «El gallito bandido» «Torres Gemelas» «¿Qué pasa en este mundo?» «Pequeño motel» «Todo hombre es un minero» «Vamos al Mundial» «Juvaleñita»
Colaboracións «En tus tierras bailaré» (con La Tigresa del Oriente e Wendy Sulca) «Canelazo» (con Chaucha Kings)
Vida persoal Casou con Rosario Urquiza Coro e tivo dous fillos. Un deles, Luis Rolando Quishpe Urquiza, morreu en 2018 con quince anos de idade por mor da enfermidade de Crohn.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Músicos de Ecuador Categoría:Nados en 1977 Categoría:Nados na provincia de Chimborazo Categoría:Ecuatorianos de ascendencia quechua Categoría:Políticos de Pachakutik