Cabrils é un municipio de Cataluña, España, pertencente á provincia de Barcelona, na comarca do Maresme. A localidade está situada na zona interior, entre os municipios de Vilassar de Mar, Vilassar de Dalt, Òrrius, Argentona e Cabrera de Mar, e a uns 10 km de Mataró, capital da comarca.
Historia 250px|miniatura|esquerda|Vista do municipio O lugar de Cabrils aparece documentado desde 1037, como parte da xurisdición do veciño castelo de Vilassar de Dalt ata o 1820, cando conseguiu ser municipio independente con administración propia.
Eclesiasticamente dependía de Sant Genís de Vilassar ata 1779, cando outorgan a categoría de parroquia á igrexa da Santa Creu.
A poboación foi estacionaria desde o século XIX e ata os anos sesenta, cando a función de veraneo e o aumento da construción de segundas residencias, fixeron crecer notablemente a súa poboación.
Demografía Conta cunha poboación de 7799 habitantes (INE 2023).
Economía A economía tradicional de Cabrils baseábase na agricultura (laranxeiras e hortalizas). Actualmente xa non hai laranxas e os cultivos foron desaparecendo, en beneficio da floricultura (caraveles e rosas especialmente). Respecto da industria, a construción é o sector económico máis importante. Desde os anos 80 o crecemento de Cabrils foi notable ata converterse nunha importante poboación residencial. A edificación de urbanizacións residenciais cambiou a paisaxe do municipio aumentando a función comercial e dos servizos, sendo o segundo municipio coa renda per cápita máis alta de Cataluña con 28.300 euros.
Lugares de interese Ermida de Sant Cristòfol Torre de Can Vehils Ca l'Amat Can Carbonell Can Vives Mas de Baix Castelo de Can Jaumar
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Sitio web do concello Información da Generalitat de Catalunya Información do Institut d'Estadística de Catalunya
Categoría:Concellos da provincia de Barcelona