Caldes de Montbui é un municipio español, pertencente á provincia de Barcelona, en Cataluña. Forma parte da comarca do Vallès Oriental e atópase a uns 35 km ao norte de Barcelona.

Historia O nome de Caldes ten que ver coa palabra "cálida" ou "quente" e refírese ás augas quentes que saen do interior da terra a unha temperatura de 74 °C. É unha das fontes máis quentes de Europa. Os romanos xa aproveitaron esta auga e construíron alí un balneario que en parte se conservou ata os nosos días. Son as termas romanas mellor conservadas da península. O escritor romano Plinio xa fala deste balneario chamado entón Aquae-Calidae na súa crónica sobre a Hispania Romana. A historiadora Mercedes Sorda mantén o de Plinio, aínda que hai outras versións alternativas que indican que deste balneario o primeiro en falar sería Virxilio.

Demografía Conta cunha poboación de 18 109 habitantes (INE 2023).

Lugares de interese Font del Lleó Termas Romanas Igrexa parroquial Balnearios Torre Nova

Localidades irmandadas Taunusstein (Alemaña)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio web do concello Información da Generalitat de Catalunya Información do Institut d'Estadística de Catalunya

Categoría:Concellos da provincia de Barcelona