A lingua laosiana (ພາສາລາວ phaasaa laao) é o idioma oficial de Laos. É unha lingua tonal da familia tai de linguas e está estreitamente relacionada coa lingua isan, falada na rexión de Isan, no nordeste de Tailandia.
O sistema de escritura laosiana é alfasilábico, é dicir, cada carácter denota unha sílaba. Este alfabeto está estreitamente emparentado co alfabeto tailandés.
O laosiano clasifícase habitualmente en cinco dialectos principais, que mostran considerable variación, especialmente en canto ao uso da tonalidade: Laosiano de Vientián, a variante habitualmente aceptada como estándar Laosiano setentrional (Luang Prabang) Laosiano nororiental (Xieng Khouang) Laosiano central Lao (Khammouan) Laosiano meridional (Champasak)
Tons O laosiano de Vientián ten seis tons: baixo, medio, alto, ascendente, alto e baixo descendente. Os residentes de Luang Prabang usan cinco tons: medio descendente ascendente, baixo ascendente, medio, alto descendente e medio ascendente.
Escritura O alfabeto laosiano baséase na mesma escritura que o alfabeto tailandés. Introducíuse en Laos a través de monxes budistas cingaleses e camboxanos durante o reinado do primeiro rei de Laos. É máis simple que os seus parentes tailandés, camboxano e birmano.
Está formado por 33 consoantes e 28 vogais que representan respectivamente 21 e 27 fonemas, e escríbese as verbas foneticamente empregando a súa escritura de esquerda a dereita.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Wikipedia en laosiano Ligazóns externas
Idioma lao, en PROEL Cultura laosiana Omniglot: alfabeto laosiano Laoconnection.com Recursos en lingua lao Laocom: Lingua e literatura AbcdLaos: Lingua e cultura laosiana
Categoría:Linguas tai Categoría:Linguas de Laos Categoría:Linguas de Tailandia