Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte) é unha película de fantasía e drama dirixida por David Yates e a segunda das dúas baseadas na novela homónima escrita por J. K. Rowling. É o oitavo e último filme da serie de filmes de Harry Potter. Foi escrito por Steve Kloves e producido por David Heyman, David Barron e Rowling. A historia céntrase na busca que emprende Harry Potter co obxectivo de atopar e destruír os restantes Horcrux creados por Lord Voldemort. A película está protagonizada por Daniel Radcliffe como Harry Potter, con Rupert Grint e Emma Watson como os mellores amigos de Harry, Ron Weasley e Hermione Granger. O resto do elenco inclúe a Ralph Fiennes, Michael Gambon, Alan Rickman, Helena Bonham Carter e Maggie Smith.
O filme tivo a súa estrea en cines 3D, así como tamén en formatos 2D e IMAX, o 15 de xullo de 2010. A produción do filme comezou o 19 de febreiro de 2009 e rematou o 12 de xuño de 2010; o 21 de decembro de 2010 fixéronse regravacións que puxeron fin a dez anos de rodaxe da saga.
Sinopse
Despois de destruír un Horcrux e descubrir o significado das tres reliquias da morte, Harry, Ron e Hermione continúan na procura dos Horcrux restantes para intentar acabar con Voldemort. Non obstante, o Señor Escuro obtén a Variña de Bieiteiro e pretende completar o seu último paso para alcanzar o poder absoluto e lanza un ataque contra Hogwarts. A escola máxica será o lugar onde se desenvolva a batalla final na que as forzas do mal ameazan con dominar os mundos máxico e muggle.
Elenco Daniel Radcliffe como Harry Potter, protagonista do filme. Rupert Grint como Ron Weasley, mellor amigo de Harry. Emma Watson como Hermione Granger, mellor amiga de Harry. Helena Bonham Carter como Bellatrix Lestrange, unha das Devoradoras da Morte máis leais a Lord Voldemort. Jim Broadbent como Horace Slughorn, o profesor de Apócemas de Hogwarts. Robbie Coltrane como Rubeus Hagrid, o gardabosques e profesor de Coidado de Criaturas Máxicas en Hogwarts. Warwick Davis como Filius Flitwick, profesor de Esconxuros en Hogwarts; e Griphook, un sumicio e antigo empregado no Banco Gringotts. Ralph Fiennes como Lord Voldemort, o meigo escuro, que busca conquistar o mundo máxico. Michael Gambon como Albus Dumbledore, o antigo director de Hogwarts, asasinado por Severus Snape. John Hurt como Ollivander, variñeiro secuestrado polos Devoradores da Morte. Jason Isaacs como Lucius Malfoy, o pai de Draco Malfoy e un dos Devoradores da Morte. Gary Oldman como Sirius Black, padriño de Harry; asasinado por Bellatrix Lestrange. Alan Rickman como Severus Snape, un espía entre os Devoradores da Morte e o novo director de Hogwarts. Tom Felton como Draco Malfoy, inimigo de Harry. Maggie Smith como Minerva McGonagall, a profesora de Transfiguración e futura directora de Hogwarts. David Thewlis como Remus Lupin, antigo profesor de Defensa contra a Maxia Negra e membro da Orde do Fénix. Emma Thompson como Sybill Trelawney, a profesora de Adiviñación de Hogwarts. Julie Walters como Molly Weasley, a matriarca dos Weasley e figura maternal para Harry. Devon Murray como Seamus Finnigan, amigo de Harry. Matthew Lewis como Neville Longbottom, amigo de Harry.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web de Harry Potter da Warner Brothers Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte) na IMDb Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte) en Allmovie
Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2011 en 3D Categoría:Filmes dirixidos por David Yates Categoría:Filmes con banda sonora de Alexandre Desplat Harry Potter 8 Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Heyday Films Categoría:Filmes rodados en Inglaterra Categoría:Filmes rodados en Londres Categoría:Filmes rodados no Reino Unido Categoría:Filmes rodados en Gales Categoría:Filmes rodados en Escocia Categoría:Filmes ambientados en Escocia Categoría:Filmes ambientados en 1998 Categoría:Filmes ambientados en 2017 Categoría:Filmes baseados en obras de J. K. Rowling Categoría:Filmes sobre feiticería Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX Categoría:Filmes de 2011 con versión en galego