Mónica Estarreado, nada en Madrid o 29 de xuño de 1975, é unha actriz española.

Traxectoria Fíxose popular por mor da súa participación en varios seriais televisivos desde El Súper, serie na que comezou en 1996, ata o seu pasado traballo en Yo soy Bea, serie na que interpretaba o papel de Cayetana de la Vega. Al salir de clase e La verdad de Laura son outras das series nas que tivo papeis fixos, ademais de colaborar noutras producións como Siete vidas, A tortas con la vida ou Paraíso.

En cine cabe destacar os seus papeis en En la ciudad sin límites, de Antonio Hernández, e Más de mil cámaras velan por tu seguridad, de David Alonso, con Antonio Hortelano e Laura Manzanedo, coa que xa coincidira en Al salir de clase.

Tras abandonar Yo soy Bea a finais de 2008, en maio de 2009 incorporouse a outra serie de Telecinco, Hospital Central na que traballa ata o seu final en 2012. En 2010, únese ao elenco de La reina del Sur, de trece capítulos, que se emitiu en Antena 3.

Filmografía Televisión El Súper (1996-2000) como Leticia Torres Calle nueva (1999-2000) Al salir de clase (2000) como Bárbara Paraíso (2000) La verdad de Laura (2001-2002) como Laura Alonso De moda (2004) como Lucía Siete Vidas (2005) (Capitular) A tortas con la vida (2005) (Capitular) El Comisario (2006) (Capitular) Yo soy Bea (2006- 2008) como Cayetana de la Vega Hospital Central (2009-2012) como Valeria Peralta La reina del Sur (2011) como Fátima Mansour Amar es para siempre (2013-), como Roberta Castro

Cine Palace (1996), de Joan Gràcia e Paco Mir. Año cero (2001), de Daniel Múgica. Al alcance de su mano (2002), de Antonio Hernández. En la ciudad sin límites (2002), de Antonio Hernández. Más de mil cámaras velan por tu seguridad (2003), de David Alonso. Válido para un baile (2006), de Gabi Beneroso (curto).

Teatro ¡A saco! (2010) como Pati

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web da actriz

Categoría:Actores da Comunidade de Madrid Categoría:Actores de televisión Categoría:Nados en Madrid Categoría:Actores de Hospital Central Categoría:Nados en 1975