El Regional foi un xornal editado en Lugo entre 1884 e 1931.

Historia e características Subtitulado Diario de Lugo (que despois variou por Diario ilustrado de Lugo), apareceu en outubro de 1884.Gaceta de Galicia, 21-10-1884, p. 2. Fundado por José Fernández Carballo, era un periódico rexionalista vencellado ao Partido Republicano Federal que fundou Aureliano Pereira. Definiuse como o primeiro xornal rexionalista galego e continuador de El Diario de Lugo. Aureliano Pereira foi o seu director ata 1893. Posteriormente foi dirixido por Manuel Amor Meilán, Benigno Varela Pérez e José Vega Blanco. Publicáronse en El Regional novelas, lendas e estudos históricos, ademais de colaboracións literarias e un folletín. O xornal mantívose ata 1931.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo

Categoría:Prensa escrita de Lugo Categoría:Xornais en lingua castelá Categoría:Século XIX en Galicia Categoría:Xornais de Galicia desaparecidos Categoría:1884 en Galicia