miniatura|250px|dereita|Alain Prost gañou o seu segundo campionato de pilotos consecutivo. miniatura|dereita|Nigel Mansell terminou con subcampión. miniatura|dereita|O compañeiro de equipo de Mansell, Nelson Piquet, rematou terceiro no campionato. O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1986 foi a 37ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), e a 29ª Copa Internacional de Construtores de F1. O campionato contou con dezaseis Grandes Premios que se iniciaron o 23 de marzo e finalizaron o 26 de outubro. O Campionato Mundial de Pilotos de Fórmula Un foi gañado por Alain Prost1986 Formula One World Championship for Drivers (points table), 1987 FIA Yearbook, Red section, page 86 e o de Construtores foi gañado por Williams.1986 Formula One World Championship for Manufacturers (points table), 1987 FIA Yearbook, Red section, page 87 Prost converteuse no primeiro piloto desde Jack Brabham 26 anos antes en revalidar o seu título de campión.

Resumo do campionato

A tempada culminou nunha batalla de puntos entre o dúo de Williams Nelson Piquet e Nigel Mansell fronte ao equipo McLaren de Alain Prost na última carreira, o Gran Premio de Australia de 1986. Os pneumáticos de Mansell estalaron de forma espectacular e Piquet, á cabeza no momento do incidente, foi obrigado a facer un pit stop imprevisto pouco despois para evitar que sucedera o mesmo cos seus pneumáticos. Isto permitiu a Prost poder tomar a iniciativa e a vitoria na carreira (a cuarta da tempada) logrando o seu segundo campionato consecutivo de pilotos.ESPN coverage of the 1997 Japanese Grand Prix, end-of-year F1 championship battles segment narrated by Bob Varsha Mansell, Piquet, Prost, xunto coa nova estrela ascendente Ayrton Senna, dominaron durante toda a tempada e formaron o que se denominou popularmente como a "Banda dos Catro".

Por primeira vez (e ata a data a única), os motores turbo foron obrigatorios debido á prohibición dos motores de aspiración natural (atmosféricos). A lei que prohibía os motores atmosféricos foi derogada en , como preparación previa á prohibición de todos os motores de indución forzada en . En os motores turbo son a norma habitual.

Os coches de Fórmula Un de 1986 son os máis potentes coches de Gran Premio que correron nunca. Aínda non había límites na potencia dos motores, e algúns motores incluíndo os potentes aínda que máis ben pouco fiables BMW M12 / 13 1´5 litros turbo 4 en liña utilizado polos equipos Benetton, Brabham e Arrows, proporcionaba 1.350 CV a 5´5 bar (79´7 psi) durante a cualificación; isto sucedeu cando os enxeñeiros restrinxiron a potencia do motor, entón a potencia dos motores turbo era tan grande que nin sequera puido medirse con precisión ata anos máis tarde, cando a tecnoloxía foi o suficientemente avanzada. As transmisións tiveron que ser construídas expresamente para ser instaladas no chasis de cada coche para cada sesión específica, había motores de cualificación (como se describe máis arriba) alcumados "granadas" que tiñan a presión de sobrealimentación sen restricións, e caixas de cambio de cualificación, que foron deseñadas para soportar a inmensa potencia do motor; estes compoñentes só aguantaban uns 3-4 minutos (2-3 voltas) durante o uso. Estas unidades motrices eran substituídas polos motores de potencia limitada e, especificamente, as caixas de cambios preparadas para as carreiras (se se utilízase demasiada potencia, os motores terían tanto desgaste que a cámara de combustión estalaría a través do bloque debido á inmensa presión sobre o metal causada polas temperaturas extremas das combustións nas partes internas do motor, de aí o alcumo de "granada"). Cando estes motores turbo axustáronse aos coches, todo o paquete pesaba uns 540 kg., polo que as relacións de potencia-peso eran extremas. Para a cualificación, a proporción peso potencia era aproximadamente 2500 hp/ton no Benetton-BMW e 1.850 hp/ton para a carreira; en comparación cos aproximadamente 1175 CV/tonelada dun coche de F1 moderno. Todos os coches de Fórmula 1 tiñan caixas de cambios manuais con panca de desprazamento. Para poñer isto en perspectiva, un coche familiar moderno produce aproximadamente 80-100 hp/ton e os coches de estrada modernos máis rápidos producen ao redor de 450 a 550 hp/ton. Con todo, un problema constante para estes novos motores turbo, que foi algo suavizado (sobre todo por parte de Ford e Honda) nos últimos anos, era o terrible atraso do turbo; os motores neses días eran turboalimentados mecanicamente. A potencia chegaba de golpe 2-3 segundos despois de que o piloto puxera o seu pé no chan; polo xeral proporcionaba 100-300 hp nos primeiros 2-3 segundos e logo o motor ía inmediatamente á parte superior da gama de potencia (xeralmente 900 a 1000 hp). A natureza destes motores facíalles moi difícil de conducir, os pilotos tiñan que calcular cando entraba a potencia, polo que pisaban o pedal do gas moito antes do habitual para conseguir a potencia no momento adecuado.

Esquece todo o que veu despois. O coches turbo de Fórmula Un de 1986... realmente eran foguetes. E para manexalos, creo eu, que tiñas que ser un home-. Gerhard Berger http://www.youtube.com/watch?v=OVyxRhgpIGQ

En moitas carreiras, sobre todo en circuítos de alta velocidade, tales como Imola, Spa-Francorchamps, Hockenheim, o Österreichring e Monza, o consumo de combustible foi sempre unha preocupación, xa que a FIA diminuíu a cantidade de combustible permitida de 220 litros en e a 195 litros para 1986. Como resultado, o consumo de combustible converteuse nun problema para a maioría dos equipos xa que os motores eran lixeiramente máis potentes que antes. Houbo moitas carreiras nas que varios pilotos quedaron sen combustible, sobre todo Alain Prost en Hockenheim, que case terminou terceiro pero quedou sen combustible a menos de catrocentos metros da liña de meta. Baixouse e empuxou desesperadamente o seu coche ata a liña de meta, en última instancia, acabou sexto. Os motores Honda (segundos en potencia tralos motores de BMW) tiveron vantaxe no consumo de combustible e na fiabilidade, os enxeñeiros de TAG/Porsche, Renault e BMW foron capaces de gañar algo de terreo ao longo da tempada.

A finais da tempada de 1986 se retiraron os pilotos Patrick Tambay, así como os Campións Mundiais de Alan Jones e de Keke Rosberg, mentres que as lesións sufridas no Gran Premio de Gran Bretaña forzaron a retirada de Jacques Laffite. Os que nunca volveron a pilotar de novo nunha carreira de F1 logo de 1986 foron Johnny Dumfries, Huub Rothengatter e Allen Berg, mentres que Marc Surer sufriu unha grave accidente nun rally logo do seu noveno posto final no Gran Premio de Bélxica o que obrigou á súa completa retirada do automobilismo. Elio de Angelis morreu nun accidente durante unhas probas no Circuíto de Paul Ricard logo do Gran Premio de Mónaco; foi o último piloto en morrer nun accidente de F1 ata que Roland Ratzenberger morreu no Gran Premio de San Mariño de 1994.

O calendario de Fórmula Un de 1986 contou con dúas novas carreiras, o Gran Premio de Hungría, e o Gran Premio de México, o último dos cales regresou ao calendario logo dunha ausencia de dezaseis anos. Dúas carreiras caeron do calendario foron o Gran Premio dos Países Baixos logo de 33 anos, e o Gran Premio de Suráfrica logo de 21 anos.

Pilotos e construtores Equipo Construtor Chasis Motor Pneumáticos Nº Piloto Carreira Piloto de probas Marlboro McLaren International McLaren MP4/2C TAG TTE PO1 1.5 V6t 1 Alain Prost Todas <font size="1">n/a 2 Keke Rosberg Todas Data General Team Tyrrell Tyrrell 014015 Renault EF4B 1.5 V6t 3 Martin Brundle Todas <font size="1">n/a 4 Philippe Streiff Todas Canon Williams Honda Team Williams FW11 Honda RA166E 1.5 V6t 5 Nigel Mansell Todas <font size="1">n/a 6 Nelson Piquet Todas Motor Racing Developments Brabham BT55 BMW M12/13/1 1.5 L4t 7 Riccardo Patrese Todas <font size="1"> Josele Garza 8 Elio de Angelis 1-4 Derek Warwick 6-16 John Player Special Team Lotus Lotus 98T Renault EF15B 1.5 V6t 11 Johnny Dumfries Todas <font size="1"> Derek Warwick 12 Ayrton Senna Todas West Zakspeed Racing Zakspeed 861 Zakspeed 1500/4 1.5 L4t 14 Jonathan Palmer Todas <font size="1"> Luis Perez-Sala 29 Huub Rothengatter 3-16 Team Haas (USA) Ltd Lola THL1THL2 Hart 415T 1.5 L4tFord Cosworth GBA 1.5 V6t 15 Alan Jones Todas <font size="1">n/a 16 Patrick Tambay 1-6, 8-16 Eddie Cheever 7 Barclay Arrows BMW Arrows A8A9 BMW M12/13 1.5 L4t 17 Marc Surer 1-5 <font size="1"> Jari Nurminen Christian Danner 7-16 18 Thierry Boutsen Todas Benetton Formula Ltd Benetton B186 BMW M12/13 1.5 L4t 19 Teo Fabi Todas <font size="1"> Andy Wallace Giovanna Amati Paolo Barilla 20 Gerhard Berger Todas Osella Squadra Corse Osella FA1GFA1FFA1H Alfa Romeo 890T 1.5 V8t 21 Piercarlo Ghinzani Todas <font size="1">n/a 22 Christian Danner 1-6 Allen Berg 7-12, 14-16 Alex Caffi 13 Minardi Team SpA Minardi M185BM186 Motori Moderni Tipo 615-90 1.5 V6t 23 Andrea de Cesaris Todas <font size="1">n/a 24 Alessandro Nannini Todas Equipe Ligier Ligier JS27 Renault EF4B 1.5 V6t 25 René Arnoux Todas <font size="1">n/a 26 Jacques Laffite 1-9 Philippe Alliot 10-16 Scuderia Ferrari SpA SEFAC Ferrari F1/86 Ferrari 032 1.5 V6t 27 Michele Alboreto Todas <font size="1">n/a 28 Stefan Johansson Todas Team El Charro AGS AGS JH21C Motori Moderni Tipo 615-90 1.5 V6t 31 Ivan Capelli 13-14 <font size="1">n/a

Calendario de Grandes Premios Rnd Carreira Data Circuíto Pole Position Volta rápida Piloto gañador Construtor Resultados 1 Gran Premio do Brasil 23 de marzo Jacarepaguá Ayrton Senna Nelson Piquet Nelson Piquet Williams-Honda Resultados 2 Gran Premio de España 13 de abril Jerez Ayrton Senna Nigel Mansell Ayrton Senna Lotus-Renault Resultados 3 Gran Premio de San Marino 27 de abril Imola Ayrton Senna Nelson Piquet Alain Prost McLaren-TAG Resultados 4 Gran Premio de Mónaco 11 de maio Mónaco Alain Prost Alain Prost Alain Prost McLaren-TAG Resultados 5 Gran Premio de Bélxica 25 de maio Spa-Francorchamps Nelson Piquet Alain Prost Nigel Mansell Williams-Honda Resultados 6 Gran Premio do Canadá 15 de xuño Circuíto Gilles Villeneuve Nigel Mansell Nelson Piquet Nigel Mansell Williams-Honda Resultados 7 Gran Premio de Detroit 22 de xuño Detroit Ayrton Senna Nelson Piquet Ayrton Senna Lotus-Renault Resultados 8 Gran Premio de Francia 6 de xullo Paul Ricard Ayrton Senna Nigel Mansell Nigel Mansell Williams-Honda Resultados 9 Gran Premio do Reino Unido 13 de xullo Circuíto de Brands Hatch Nelson Piquet Nigel Mansell Nigel Mansell Williams-Honda Resultados 10 Gran Premio de Alemaña 27 de xullo Hockenheimring Keke Rosberg Gerhard Berger Nelson Piquet Williams-Honda Resultados 11 Gran Premio de Hungría 10 de agosto Hungaroring Ayrton Senna Nelson Piquet Nelson Piquet Williams-Honda Resultados 12 Gran Premio de Austria 17 de agosto Österreichring Teo Fabi Gerhard Berger Alain Prost McLaren-TAG Resultados 13 Gran Premio de Italia 7 de setembro Monza Teo Fabi Teo Fabi Nelson Piquet Williams-Honda Resultados 14 Gran Premio de Portugal 21 de setembro Estoril Ayrton Senna Nigel Mansell Nigel Mansell Williams-Honda Resultados 15 Gran Premio de México 12 de outubro Hermanos Rodríguez Ayrton Senna Nelson Piquet Gerhard Berger Benetton-BMW Resultados 16 Gran Premio de Australia 26 de outubro Adelaida Nigel Mansell Nelson Piquet Alain Prost McLaren-TAG Resultados

Clasificación do Mundial de Pilotos de 1986