Rosario del Carmen González Flores, coñecida artisticamente como Rosario Flores, nada en Madrid o 4 de novembro de 1963, é unha cantante e actriz española de orixe xitana. Foi a gañadora, entre outros premios, do Grammy Latino ao mellor álbum vocal pop feminino, nas edicións de 2002 e 2004 polos seus traballos Muchas flores e De mil colores, respectivamente.

É a filla máis nova de Antonio González El Pescaílla e da mítica artista Lola Flores La Faraona, irmá da actriz-cantante Lolita Flores e o cantautor Antonio Flores, así como tía da actriz Elena Furiase. Ten unha filla, Lola, coa súa entón parella Carlos Orellana e o 21 de xaneiro de 2006 (aniversario do nacemento de Lola Flores) tivo un fillo, Pedro Antonio, con Pedro Lazaga que é o seu marido na actualidade, a quen coñeceu rodando Hablé con ella en 2001.

En 2012 Rosario forma parte do xurado do programa de Telecinco La Voz como coach, xunto con David Bisbal, Malú e Melendi.

Discografía Álbums 1992: De ley 1994: Siento 1996: Mucho por vivir 1999: Jugar a la locura 2001: Muchas flores 2003: De mil colores 2006: Contigo me voy 2008: Parte de mí 2009: Cuéntame 2011: Raskatriski

Álbums recompilatorios 2009: Grandes éxitos en directo 2009: Mientras me quede corazón: Grandes éxitos

Sinxelos 1984: "Pienso En Ti" 1992: "Mi gato" 1992: "Sabor, sabor" 1992: "Escucha, primo" 1993: "De ley" (número un de Los 40 Principales) 1994: "Yo te daré" 1994: "Estoy aquí" 1996: "Qué bonito" (número un de Los 40 principales) 1996: "Mucho por vivir" 1997: "A tu lado" (número un de Los 40 principales) 1997: "Quiero cantar" 1999: "Jugar a la locura" 1999: "Dime cómo es" 2001: "Muchas flores" 2001: "Cómo quieres que te quiera" (número un de Los 40 principales) 2001: "Al son del tambor" 2002: "Agua y sal" 2003: "Aguanta ahí" 2003: "De mil colores" 2004: "Juras de samba", a dúo con Carlinhos Brown. 2006: "El beso (contigo me voy)" 2006: "Mientras me quede corazón" (número un de EñE singles chart) 2006: "En el mismo lugar" 2008: "Algo contigo" 2008: "No dudaría" (número un de Los 40 principales) (número un de EñE singles chart) 2009: "El sitio de mi recreo", a dúo con Antonio Carmona. (número un de EñE singles chart) 2009: "Cuentame" 2010: "Soy rebelde" 2011: "Estoy cambiando" 2011: "Yo quiero vivir"

Premios e nomeamentos

Premios

2001 Premio Grammy Latino ao mellor álbum pop vogal feminino por Muchas flores. 2002 Premio da Música á mellor canción por "Como quieres que te quiera". 2003 Premio Grammy Latino ao mellor álbum pop vogal feminino por De mil colores. 2008 Premio Ondas ao mellor álbum pop vogal feminino por Parte de mí. 2008 Premios EñE á mellor intérpretación solista feminina por No dudaría. 2008 Premios EñE á mellor versión dun tema por No dudaría.

Nomeamentos

2008 Premios Grammy Latino ao mellor álbum pop vogal feminino por Parte de mí. 2008 Premios EñE ao mellor álbum do ano por Parte de mí. 2010 Nomeamento Grammy Latino ao mellor álbum vocal pop feminino por "Cuéntame" 2008 Premios EñE á mellor colaboración por Cómo me las maravillaría yo con Paulina Rubio. 2008 Premios Principales á mellor artista solista. 2008 Premios Principales ao mellor álbum do ano por Parte de mí. 2008 Premios PrinciPrincipalespais ao mellor álbum do ano por La distancia.

Filmografía

El taxi de los conflictos, 1969 Al fin solos, pero..., 1976 Colegas, 1982 Delirios de amor, 1986 Calé, 1986 Diario de invierno, 1988 Contra el viento, 1990 Chatarra, 1991 Los ladrones van a la oficina (Serie de TV), 1993 Hable con ella'', 2002 Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Club de Fans Oficial Rosario Flores De Ley

Categoría:Cantantes de España Categoría:Actores da Comunidade de Madrid Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1963 Categoría:Españois de ascendencia xitana