Owain Sebastian Yeoman, nado o 2 de xullo de 1978 en Chepstow, é un actor galés.
Traxectoria Owain é quen de falar inglés, francés e alemán. Estudou literatura inglesa na Universidade de Oxford, e logo estudou teatro na Royal Academy of Dramatic Art de Londres. Posteriormente traballou dirixindo e protagonizando a obra teatral Othello, no Oxford Playhouse, e tamén traballou noutras obras teatrais como Man, Beast & Virtue, ou The Wizard of Oz.Shows.ctv.ca. Owain Yeoman
Yeoman é principalmente coñecido por ter interpretado ao axente da CBI Wayne Rigsby na serie de televisión The Mentalist entre os anos 2008 e 2014.
Vida persoal O 9 de decembro de 2006 casou coa actriz inglesa Lucy Davis na Catedral de St Paul de Londres. Divorciáronse en outubro de 2011.
O 7 de setembro de 2013, Yeoman casou coa deseñadora de xoias Gigi Yallouz nunha propiedade privada en Malibú, California. Teñen unha filla chamada Ever Belle.
Owain tamén é un vexetariano comprometido coa Asociación de Coidado de Animais, a PETA, para a que el posou para unha campaña de promoción do vexetarianismo.
Filmografía Filmes Ano Filme Personaxe Notas 2004 Troia Lisandro 2006Beerfest Mariñeiro 2007 Traveling in Packs Ken Telefilme
Series de televisión Ano Serie Personaxe Notas 2004 Commando Nanny Miles Ross Midsomer Murders Henry Charlton 1 episodio 2005-2006Kitchen Confidential Steven Daedelus 13 episodios 2006-2007The Nine Lucas Dalton 13 episodios 2008 Terminator: The Sarah Connor Chronicles Cromartie 1 episodioGeneration Kill Sgt. Eric Kocher 7 episodios 2008-2014The Mentalist Axente Wayne Rigsby Personaxe recorrente a partir de 2014
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha na IMDb Copia arquivada da súa ficha en Allrovi tvguide.com finchandpartners.com
Categoría:Actores de cinema de Gales Categoría:Actores de televisión de Gales Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados en Monmouthshire