180px|miniatura|Vista dunha llama en fronte de Machu Picchu. Machu Picchu (do quechua sureño Machu Pikchu, "montaña vella")Teofilo Laime Acopa, Dicionario Bilingüe, Iskay simipi yuyay k'ancha, Quechua – Castellano, Castellano – Quechua: machu - adx. e s. m. Viejo. Hombre de mucha edad (Úsase tamén para animais). - machu - s. m. Anciano. Viejo. pikchu - s. Pirámide. Sólido puntiagudo de varias caras. || Cono. Ch'utu. machu pikchu - s. A gran cidadela pétrea que foi quizais un dos máis grandes monumentos relixiosos do incanato, entre o val do Cuzco e a selva virxe (JAL). || Monumento arqueolóxico situado no departamento actual do Cuzco, xunto ao río Urubamba, nun cumio case inaccesible (JL). é o nome contemporáneo que se lle dá a unha llaqta (antigo poboado andino inca) de pedra construída principalmente a mediados do século XV no promontorio rochoso que une as montañas Machu Picchu e Huayna Picchu na vertente oriental dos Andes Centrais, no sur do Perú e a 2430 msnm, altitude da súa praza principal. O seu nome orixinal sería Picchu ou Picho.
Segundo documentos de mediados do século XVIUn documento xudicial de 1568 exhumado por Glave e Remy (1983) e ampliado por Rowe (1990) alude ao carácter privado de varios centros poboados da rexión de "Picchu" en tempos incas, que incluía a Machu Picchu. A propiedade persoal era unha potestade exclusiva dos gobernantes incas e é un tema sobre o que traballou amplamente María Rostworowski (1993 : 105 - 146). Sobre o carácter "privado" de Machu Picchu hai certo consenso (Rowe, Burger, Lumbreras, Wright, Valencia, Rostworowski, Reinhard), aínda que Kauffmann disinte abertamente (Kauffman 2006: 62) Machu Picchu sería unha das residencias de descanso de Pachacuti (primeiro emperador inca, 1438-1470). Así a todo, algunhas das súas mellores construcións e o evidente carácter cerimonial da principal vía de acceso á llaqta demostrarían que esta foi usada como santuario relixioso.Alfredo Valencia en Burger et. al. 2006 : 81 Ámbolos usos, o de palacio e o de santuario, non serían incompatibles. Algúns expertos parecen descartar, emporiso, un suposto carácter militar, polo que os populares cualificativos de "fortaleza" ou "cidadela" poderían ser superados.Nada indica un uso militar: a área agrícola e a orixe das fontes de auga de Machu Picchu están extramuros da cidade, polo que Machu Picchu non resistiría un asedio longo; a muralla non é moi alta e o "foso" é en realidade un desaugadoiro (, aínda que o tema xa fora suxerido por Buse (1962). Os inimigos máis próximos dos incas en tempos de Pachacuti estaban no val do Apurímac (Rowe 1990, 142 ; Rostworowski 2004, 53), do que Machu Picchu estaba separado pola inmensa rexión de Vilcabamba. Os establecementos incas con usos militares arqueoloxicamente coñecidos na rexión (como Marcaypiri, Salapunko e Huilca Raccay, explorados polo Proxecto Cusichaca (Kendall 1987 : 98) difiren na súa natureza e construción de Machu Picchu. A partir do tipo de restos humanos achados nas tumbas de Machu Picchu, Lumbreras afirma: "todo indica que a poboación non incluía guerreiros" Machu Picchu nova <http://www.machupicchu.perucultural.org.pe/actividades.htm >. Kauffman coincide indicando que "non podería dicirse que era unha fortaleza. E en caso de ser así, contra quen?" (Kauffmann 2006: 62)
Machu Picchu está considerada tamén coma unha obra mestra da arquitectura e a enxeñaría.O 20 de setembro de 2006, e no marco da XXX Convención Panamericana de Enxeñeiros, declarouse a Machu Picchu (e ao complexo inca de Tipón) Monumento Histórico da Enxeñaría civil As súas peculiares características arquitectónicas e paisaxísticas e o veo de misterio que teceu arredor seu gran parte da literatura publicada sobre o sitio, convertérono nun dos destinos turísticos máis populares do Planeta.Outros datos sobre a súa popularidade: en 2006, no Reino Unido, os lectores británicos de Wanderlust elixiron Machu Picchu como a primeira marabilla do mundo. <> (www.thisistravel.co.uk/ ... in_article_id=45530 ). Ese mesmo ano, unha enquisa da NHK sobre os destinos favoritos entre os xaponeses dos sitios do Patrimonio Mundial deixou a Machu Picchu en primeiro lugar < >. A revista Travel at Home (EEUU) inclúe un tour a Machu Picchu coma un dos dez mellores para viaxar só no mundo (o interesante é que todos os demais sitios na lista son resorts): (www.rpp.com.pe/portada/nacional/47114_1.php)
Machu Picchu foi declarado Santuario Histórico Peruano en 1981 e está na lista do Patrimonio da humanidade da UNESCO dende 1983, como parte de todo o conxunto cultural e ecolóxico coñecido coa denominación santuario histórico de Machu Picchu.
O 7 de xullo de 2007 Machu Picchu foi declarada unha das Novas sete marabillas do mundo nunha cerimonia realizada en Lisboa (Portugal), que contou coa participación de máis de cen millóns de votantes no mundo enteiro a través dun concurso realizado en Internet.
Localización xeográfica miniatura|esquerda|Localización de Machu Picchu, documentada pola Axencia Central de Intelixencia, CIA. miniatura|esquerda|Localización das ruínas de Machu Picchu, no Canón do Urubamba. Nótese a curva que describe o río ao redor das montañas Machu Picchu e Huayna Picchu. miniatura|esquerda|Vista de norte a sur, dende o cume do cerro Huayna Picchu. O zigzag á esquerda é a estrada de acceso ás ruínas que parte da estación de tren de Puente Ruínas, no fondo do Val. No alto, atravesando a ladeira do cerro Machu Picchu, pódese ver o último tramo do Camiño Inca.
Localización Atópase a 13°9′47″ latitude sur e 72°32′44″ lonxitude oeste. Forma parte do distrito do mesmo nome, na provincia de Urubamba, no departamento de Cuzco, no Perú. A cidade importante máis próxima é Cuzco, actual capital rexional, capital histórica do país e antiga capital dos incas, a 130 km de alí.
As montañas Machu Picchu e Huayna Picchu son parte dunha gran formación orográfica coñecida coma batólito de Vilcabamba, na Cordilleira Central dos Andes peruanos. Atópanse na marxe esquerda do chamado Canón do Urubamba, coñecido antigamente como Valgada de Picchu. Polo pé dos cerros, e practicamente rodeándoos, corre o río Vilcanota-Urubamba. As ruínas incas atópanse a medio camiño entre as cimas de ámbalas dúas montañas, a 450 metros de altitude por riba do nivel do val e a 2.438 metros sobre o nivel do mar. A superficie edificada é aproximadamente de 530 metros de longo por 200 de ancho e ten 172 edificios na súa área urbana.
As ruínas, estritamente, están dentro dun territorio intanxible do Sistema Nacional de Áreas Naturais Protexidas polo Estado (SINANPE),O Sistema de Parques Nacionais do Perú está baixo control do Instituto Nacional de Recursos Naturais, ver : chamado santuario histórico de Machu Picchu, que se estende sobre unha superficie de 32.592 hectáreas, (80.535 acres ou 325,92 km²) da conca do río Vilcanota - Urubamba (o Willka mayu ou "río sacro" dos incas). O Santuario Histórico protexe unha serie de especies biolóxicas en perigo de extinción e varios estabelecementos incas,Establecementos como Patallacta, Quente e Torontoy no fondo do Val, e as ruínas de Runkuracay, Sayaqmarca, Phuyupatamarca, Wiñay Wayna, Intipata e moitas outras nas ladeiras das montañas próximas, ademais dunha rede de camiños incas e antigos complexos agrícolas entre os que Machu Picchu está considerado coma o principal.
Formas de acceso A zona arqueolóxica mesma só é accesible, se se quer dende os camiños incas que chegan ata ela, ou se se quer utilizando a estrada Hiram Bingham (que ascende a pendente do cerro Machu Picchu dende a estación de tren de Puente Ruínas, situada no fondo do canón). Ningunha das dúas formas exime ao visitante do prezo de ingreso ás ruínas.A inicios de 2007 cobrábase US$ 20,00 para visitantes estranxeiros; US$ 10 para peruanos. Hai descontos para estudantes.
Esta estrada, emporiso, non está integrada na rede nacional de estradas do Perú. Nace na vila de Aguas Calientes, desde onde tan só se pode acceder por ferrocarril (unhas 3 horas dende Cuzco)Machu Picchu: Ruta en bus, ou helicóptero (30 minutos dende Cuzco). A ausencia dunha estrada directa ao santuario de Machu Picchu é intencionada pois permite controlar o fluxo de visitantes á zona, que, dado o seu carácter de reserva nacional, é particularmente sensible aos xentíos. Iso, así a todo, non impediu o crecemento desordenado (criticado polas autoridades culturais) de Aguas Calientes, que vive para e polo turismo e inclúe restaurantes e hoteis de diferentes categorías.
Para chegar a Machu Picchu polo principal Camiño Inca débese facer unha andaina duns 3 días. Para iso cómpre tomar o tren ata o km 82 da vía férrea Cuzco - Aguas Calientes, de onde parte o percorrido a pé.Machu Picchu: Transporte turístico, Ruta Camiños do Inca
Algúns visitantes toman un autobús local dende Cuzco ata Ollantaytambo (vía Urubamba) e dende aí toman un transporte ata o mencionado km 82. Xa alí percorren as vías do tren ata cubrir os 32 km que hai ata Aguas Calientes.
Clima O tempo é cálido e húmido durante o día e fresco á noite. A temperatura oscila entre os 12 e os 24 graos centígrados. A zona é por regra xeral chuviosa (uns 1.955 mm anuais), especialmente entre novembro e marzo. As choivas, que son copiosas, altérnanse rapidamente con momentos de intenso brillo solar.Enjoy Machu Picchu, Machu Picchu: Clima
Xeoloxía O conxunto do sitio arqueolóxico foi construído sobre o batólito de Vilcabamba, composto de rochas intrusivas que datan aproximadamente duns 250 millóns de anos,Mapa geológico del cuadrángulo de Nachupicchu instrusivos Permo-Triásicos principalmente granito branco a agrisado, cortado por algunhas vetas de tonalitas e talcoxistos.
O macizo granítico está cortado por unha serie de fallas e diáclases que xogan un papel importante na conformación actual do relevo e na súa evolución. No Mapa Xeolóxico do Cuadrángulo de Machu Picchu (27-q) do Instituto Xeolóxico Mineiro e Metalúrxico do Perú obsérvanse dúas grandes fallas de rumbo rexionais que cortan a zona, chamadas Fallas Huayna Picchu e Machu Picchu, de orientación NE-SO. Estas fallas non tiveron actividade recente.Machu Picchu: Problemas de conservación de un sitio inca de Ceja de Selva
Historia A Valgada de Picchu, situada a medio camiño entre os Andes e a foresta amazónica, foi unha rexión colonizada por poboacións montesas, non selváticas, provenientes das rexións de Vilcabamba e do Val Sagrado, en Cuzco, en busca da expansión das súas fronteiras agrarias. As evidencias arqueolóxicas indican que a agricultura practicouse na rexión dende polo menos o 760 a.C.Kendall, 1994: 102 Produciuse unha explosión demográfica a partir do período Horizonte medio, dende o ano 900 da nosa era, por grupos non documentados historicamente pero que posiblemente estiveron vinculados á etnia Tampu do Urubamba. Crese que estes pobos poderían formar parte da federación Aiarmaca, rivais dos primeiros incas do Cuzco.Kendall, 1994: 103. Os aiarmaca aparecen mencionados en diferentes crónicas do século XVI como antagonistas dos incas no período anterior ao ascenso de Pachacuti. Nese período expándese considerablemente a área agrícola "construída" (plataformas). Porén, a localización específico da cidade (a crista rochosa que une as montañas Machu Picchu e Huayna Picchu) non presenta pegadas de ter edificacións antes do século XV.Valencia e Gibaja, 1992: 319
Época inca (1438-1534) miniatura|Pachacuti, segundo a crónica de Martín de Murúa (1615).