Linton Johnson III, nado o 13 de xuño de 1980 en Chicago, Illinois, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga no Step Back Caiazzo da Serie C italiana.
Traxectoria Tras catro anos na Universidade de Tulane, comezou a súa carreira coma profesional nos Chicago Bulls na tempada 2003-04 coma axente libre, sen ser elixido no Draft da NBA, onde xogou 20 partidos coma titular. Xogou ademais para os Phoenix Suns, San Antonio Spurs, New Jersey Nets, New Orleans Hornets e outra vez nos Phoenix Suns, cos cales asinaría un contrato por dez días na tempada 2007-08.Suns Notebook: Suns Can't Swing Deal at Deadline; Sign Free Agent Johnson Os Suns non renovaron ese contrato, e o 27 de marzo de 2008, Johnson asinou un contrato de dez días cos Toronto Raptors. Tras rematar este contrato, asinou outra vez polos Suns o 16 de abril de 2008.
O 11 de marzo de 2009, Johnson asinou o primeiro de dous contratos de dez días cos Chicago Bulls. Era a súa segunda etapa nos Bulls. Foi fichado para o resto da tempada tras rematar o segundo contrato de dez días. O 30 de xullo de 2009, os Bulls prescindiron de Johnson.
En setembro de 2009, Johnson asinou polos Orlando Magic.Magic Sign Almond, Johnson; Prepare for Camp Foi despedido o 28 de outubro de 2009.Magic waive reserve Johnson, trim roster to 13". USA Today. 28 de outubro de 2009. Consultado o 28 de outubro de 2009. En agosto de 2010, asinou co Air Avellino da Lega Basket Serie A italiana, onde permeneceu até 2013. Posteriormente xogou no Dinamo Sassari, Pallacanestro Varese, Pistoia Basket 2000, Juvecaserta Basket, Scafati Basket e outros equipos italianos de categorías inferiores.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en ACB.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados en Chicago Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos San Antonio Spurs Categoría:Xogadores dos New Jersey Nets Categoría:Xogadores dos New Orleans Hornets Categoría:Xogadores do Saski Baskonia Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores dos Charlotte Bobcats Categoría:Xogadores do SS Felice Scandone Categoría:Xogadores do Pallacanestro Varese Categoría:Xogadores do Pistoia Basket 2000 Categoría:Xogadores do Juvecaserta Basket Categoría:Xogadores do Scafati Basket