, anteriormente coñecida coma Tsingtao, é unha importante cidade portuaria da provincia de Shandong na República Popular da China. Situada na entrada da baía de Jiaozhou dende o Mar Amarelo, no sur da Península de Shandong, tamén é base naval da mariña chinesa.

De fundación recente (finais do século XIX), o seu desenvolvemento urbano tivo lugar a partir de 1897 como colonia alemá. Ten unha extensión de 10.654 km² e 8,7 millóns de habitantes (2010), dos que máis de catro millóns forman parte da súa área metropolitana.

Historia A historia urbana de Qingdao desenvólvese nunha rexión, a da baía de Jiaozhou na península de Shandong, que ten sido habitada dende o neolítico con diversas culturas senlleiras (Dawenkou, Longshan e Dongyeshi).

Acuartelamento Qing miniatura|Vista do acuartelamento de Jiao'ao (enriba) e a colonia alemá posterior (embaixo). miniatura|Mapa de Tsingtao en 1914 cos plans de expansión. No tempo da dinastía Ming unhas primeiras fortificacións foron construídas na entrada da baía (o lugar onde aséntase a cidade actual), e seica un pequeno poboado con ancoradoiro creceu a carón. O cal continuaba a existires cando a administración Qing en 1891 decidiu creares un acuartelamento de tropas. Ampliaron as fortificacións asemade cun primitivo peirao-ponte na baía. Ao ano seguinte foi fundada unha poboación (coñecida entón coma Jiao’ao Perspectiva debuxada de Jiao'ao no final da época Qing; nótese a ponte-peirao na baía Vista de Jiao'ao fortificada dende a baía).

En resposta ao asasinato duns misioneiros, en 1897 os alemáns (que xa tiñan explorado a zona coma posible base naval) forzaron ao por entón moi debilitado imperio chinés unha concesión colonial na área da baía .

Tsingtau, colonia alemá miniatura|esquerda|Planta de Tsingtau arredor de 1903 (publicado en 1912). Aproveitando en principio o asentamento chinés, de seguido foi deseñado un plan de ampliación da vila que chamaron Tsingtau, centro administrativo da concesión de Kiautschou . Rúas e avenidas amplas coas infraestruturas e servizos dunha cidade moderna, tiña o propósito fundamental de servires a un porto estratéxico (base naval) comunicado co interior cun ferrocarril (1899-1904). A extensión urbana ata costa sur do istmo, cun novo porto exterior, sería a área residencial europea e almacéns portuarios mentres a poboación local permanecería na antiga vila ao norte ou trasladada a novos poboados no leste. Unha industria cervexeira de importancia nacional ata hoxe (Cervexa Tsingtao) tivo nacemento en 1903.

Entre 1905 e 1908 foi desenvolto o gran porto previsto ao norte, na baía . Cara a alí debería estenderse a cidade pero en 1914 os xaponeses ocupárona (novamente en 1938) e no 1922 foi devolta á soberanía da República da China .

Qingdao contemporánea Trala segunda guerra mundial e a instauración da República Popular da China o desenvolvemento portuario (especialmente coma base naval da frota chinesa do norte) da agora chamada Qingdao foi consolidando o seu crecemento , que tivo o punto de inflexión en 1984 cando, coa política de apertura económica da China, a vila ten experimentado nas últimas décadas unha expansión extraordinaria (comercial e industrial ao abrigo do porto) arredor da baía ata consolidar unha verdadeira metrópole.

A recente inauguración da maior ponte do mundo sobre da auga (42'5 km), unindo polo norte as dúas ourelas da baía, confirma a puxanza desta área metropolitana cara ao futuro Vista satelital da baía de Qingdao co trazado da longa ponte.

Demografía Dos máis de 10 millóns de habitantes de Qingdao, arredor 6,2 millóns viven na área urbana da cidade. Outros 5 millóns viven noutras cidades baixo a xurisdición de Qingdao. A taxa de natalidade anual estímase en 10,15 por mil habitantes, e unha mortalidade de 6,32, ambos os dous calculados en cómputo anual. Os niveis de vida están entre os máis altos das principais cidades chinesas debido a unha forte economía de exportación e uns salarios familiares relativamente altos.

Hai unha gran comunidade coreana en Qingdao. En 2009, había aproximadamente 100 000 coreanos traballando, estudando e vivindo en Qingdao, o que converte a cidade no segundo lugar en canto a poboación coreana na China, despois de Pequín que acolle uns 200 000 coreanos.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Cidades da China