Willard Van Orman Quine, nado en Akron (Ohio) o 25 de xuño de 1908 e finado en Boston (Massachusetts) o 25 de decembro de 2000, foi un filósofo estadounidense, recoñecido polo seu traballo en lóxica matemática e ás súas contribucións ao pragmatismo como unha teoría do coñecemento.
Traxectoria Educouse no Oberlin College e na Universidade Harvard, onde foi discípulo de Whitehead e da que chegou a ser profesor en 1936. Tamén realizou estudos en Viena, Varsovia e Praga.
Quine é coñecido pola súa afirmación de que o modo en que o individuo usa a linguaxe determina que clase de cousas está comprometido a dicir que existen. Ademais, a xustificación para falar dunha maneira en lugar doutra, ao igual que a xustificación de adoptar un sistema conceptual e non outro, é para Quine unha manifestación absolutamente pragmática.
Tamén é coñecido pola súa crítica a certas doutrinas do empirismo lóxco e a distinción tradicional entre afirmacións sintéticas (proposicións empíricas ou baseadas en feitos) e afirmacións analíticas (proposicións necesariamente verdadeiras), ao poñer en dúbida a distinción analítico-sintético, propón un holismo semántico no cal as proposicións teñen significado en conxunto e non por separado cada unha. Quine realizou ás súas principais contribucións á teoría de conxuntos, unha rama da lóxica matemática que ten que ver coa relación entre os conxuntos.
Quine tamén realizou unha achega fundamental á lingüística teórica, ao propoñer métodos recursivos para construír gramáticas que describan a linguaxe humana, separando así as clases K de secuencias significativas idiomaticamente das asignificativas idiomaticamente, método formal que inspiraría ao seu alumno Noam Chomsky a estudar en profundidade as estruturas sintácticas das linguas naturais. En lingüística, Quine tivo posturas próximas ao condutismo, aínda que en ocasións declarou nos seus escritos que hai certa predisposición a adquirir a linguaxe por parte do neno.
Obra
Artigos importantes Artigo incluído en Relatividade ontolóxica e outros ensaios. Artigo incluído en Desde un punto de vista lóxico. Artigoo incluído en Desde un punto de vista lóxico. Artigo incluído en Os camiños do paradojo e outros ensaios. Artigo incluído en Relatividade ontolóxica e outros ensaios.
Véxase tamén Outros artigos Rudolf Carnap Ontoloxía
Bibliografía Chamorro Calzón, José María (2006): Lenguaje, mente y sociedad. Hacia una teoría materialista del sujeto. La Laguna: Universidad de La Laguna. ISBN 978-84-7756-674-8 Gibson, Roger (1988): Enlightened Empiricism. Tampa: University of South Florida Press. Gibson, Roger (1988): "Radical translation and radical interpretation" en E. Craig (dir.) Routledge Encyclopedia of Philosophy. Londres: Routledge. Gochet, Paul (1978): Quine en perspective: essai de philosophie comparée. París: Flammarion, Gochet, Paul (1982): Ascent to truth. A critical examination of Quine's philosophy. München: Philosophia Verlag. Hookway, Christopher (1988): Quine. Cambridge: Polity Press. Laugier,Sandra (1992): L'apprentissage de l'obvie. L'anthropologie logique de Quine. París: Vrin. Nubiola Aguilar, Jaime (1991): El compromiso esencialista de la lógica modal: estudio de Quine y Kripke. Pamplona: Ediciones Universidad de Navarra S.A. (Eunsa). ISBN 978-84-313-0867-4
Ligazóns externas ¿Cuál es el lugar de la filosofía? Consideraciones a partir del relativismo ontológico y epistemología naturalizada de Quine Home page de Quine Texto orixinal de Two Dogmas of Empiricism Texto orixinal de On Simple Theories Of A Complex World
Categoría:Lóxica Categoría:Filósofos dos Estados Unidos de América Categoría:Lingüistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1908 Categoría:Nados no condado de Summit, Ohio Categoría:Finados en 2000 Categoría:Alumnos do Oberlin College Categoría:Alumnos da Universidade Harvard Categoría:Profesores da Universidade Harvard Categoría:Profesores da Universidade Wesleyana Categoría:Filósofos analíticos