miniatura|dereita|Estrutura química da desoxiuridina, formada por uracilo e desoxirribosa e menos común ca a uridina.

A uridina é un nucleósido formado pola base nitroxenada pirimidínica uracilo unida ao azucre ribosa (ribofuranosa) por medio dun enlace β-N1-glicosídico.

Se a uridina se une a un fosfato en posición 5' convértese no nucleótido UMP, que é exclusivo do ARN, onde aparece xunto co AMP, CMP e GMP.

Se o uracilo está unido á 2-desoxirribosa en lugar de á ribosa, orixínase o nucleósido desoxiuridina, que non é moi común. Existen unhas variantes da desoxiuridina, a idoxiuridina e a trifluridina, usadas como fármacos antivirais, que se poden incorporar ao ADN, pero que non forman pontes de hidróxeno correctamente coas bases coas que se emparellan.

Fontes de uridina O ARN contén grandes cantidades de uridina en forma do nucleótido UMP. Ao dixerir os alimentos o ARN libera a uridina e é absorbida no intestino. Alimentos con alto contido de uridina son:

Extracto de cana de azucre Tomates (de 0,5 a 1,0 g de uridina por kg de peso seco) Lévedo de cervexa (3% de uridina do peso seco) Cervexa Brócoli Carne de vísceras como o fígado, páncreas etc.

Porén, un consumo excesivo de alimentos ricos en ARN pode orixinar un aumento de purinas (adenosina e guanosina) no sangue, xa que estas son tamén abundantes no ARN, o que pode producir ácido úrico e gota, polo que se recomendan consumos moderados de alimentos como o lévedo de cervexa.

Informes de nvestigadores da universidade de Harvard indican que en ratas o suplemento alimentario combinado de uridina e ácidos graxos omega-3 EPA/DHA ten unha actividade antidepresiva equivalente ao de medicamentos antidepresivos como o Prozac.

Notas

Categoría:Nucleósidos