Zhang Zhong Jing, escrito ás veces Zhang Zhongjing, (chinés simplificado: 张机; chinés tradicional: 張機; pinyin: Zhāng Jī), nado en Nanyang cara ao ano 150 e finado no 219, foi un médico chinés, considerado como o Hipócrates da medicina chinesa tradicional. Giovanni Maciocia está considerado como un experto mundial en medicina chinesa.

Autor do tratado Shang Han Lun (ou Shang Han Bin Lun, "Sobre a enfermidade fría"), no que se expón unha das máis antigas descricións para o diagnóstico e o tratamento das enfermidades do frío, como o catarro ou os arrefriados, infeccións virais que afectan o tracto respiratorio.

O libro comprende 397 seccións con 112 prescricións con herbas.Shang Han Lun: On Cold Damage, Translation & Commentaries by Zhongjing Zhang, Feng Ye, Nigel Wiseman, Craig Mitchell, Ye Feng. Paradigm Press. 1999.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Medicina Historia da medicina

Categoría:Medicina chinesa tradicional Categoría:Médicos da China Categoría:Nados en Henan Categoría:Finados en 219 Categoría:Nados en 150