Fame é unha novela do escritor Knut Hamsun, publicada en 1890 co título orixinal en lingua norueguesa de Sult.

A obra foi traducida ao galego dende a versión en inglés por Moisés Barcia e publicada en 2019 por Rinoceronte Editora.

Características A historia corresponde a un relato en primeira persoa, onde o personaxe ficticio Widel-Jarlsberg narra a miseria na cal se atopa mergullado debido á carencia dun traballo estábel, sumado á difícil situación que se vive na cidade de Cristiania (hoxe coñecida como Oslo).

É a primeira obra do autor noruegués, e nela plasma no seu personaxe principal un alto grao de desestabilidade emocional, similar á que Kafka mostra nas súas obras.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Hunger

Categoría:Obras literarias de 1890 Categoría:Obras literarias en noruegués Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego Categoría:Rinoceronte Editora