Tuineje é un municipio canario pertencente á provincia das Palmas. Está situado no sueste da illa de Fuerteventura. Os principais núcleos de poboación son Gran Tarajal, Tarajalejo, Tesejerague e Tuineje.

Historia Foi dependente do municipio de Betancuria ata finais do século XVIII. Constitúese en municipio en 1872 grazas ás Cortes de Cádiz. En 1740, durante a guerra angloespañola, corsarios ingleses desembarcan na vila para realizar saqueos. Con todo, e a pesar da súa desvantaxe en armamento, os nativos conseguen unha vitoria sobre os invasores. Meses máis tarde vólvense a reproducir os acontecementos con igual resultado. Esta batalla coñécese como Batalla de Tamasite ou de Llano Florido.

Demografía Evolución demográfica1900 1930 1950 1970 1981 2000 2010 2.205 2.396 3.0784.3855.636 9.851 13.536

Economía A economía en Tuineje baséase na agricultura de tomate e forraxe (primeiro produtor insular) e na gandería (carne de cabra e queixos). Cobra tamén un papel relevante o sector turístico. Destacan as praias de Gran Tarajal, Tarajalejo, Giniginámar e Las Playitas.

Edificios de interese Ermida de San Marcos en Tiscamanita, de finais do século XVII. Igrexa de San Miguel Arcanxo, en Tuineje, data do século XVIII. Ermida de San José, en Tesejerague, data da primeira metade do século XVIII. Forno de cal, en Gran Tarajal, construído en 1953, é o maior de Fuerteventura.

Espazos protexidos miniatura|esquerda|180px|Hubara canaria. Espazos compartidos con outros municipios da illa: Paisaxe Protexida do Malpaís Grande: campo de lavas de emisións volcánicas. Monumento Natural de Cuchillos de Vigán: reduto de especies ameazadas como o guirre, a aguia pescadora e o falcón de berbería. Parque Rural de Betancuria: de grande interese faunístico e refuxio tamén para varias rapaces ameazadas. Monumento Natural de Caldera de Gairía: cono volcánico de erupción recente.

Localidades irmandadas Baler, Filipinas

Véxase tamén

Ligazóns externas Concello de Tuineje Arquivo histórico dixital de Tuineje

Categoría:Concellos de Fuerteventura