O lago Baringo é, despois do lago Turkana, o lago máis ao norte do Gran Val do Rift kenyano. Situado a 975 m de altura, cobre unha área de 108 km², vertendo no lago varios ríos: El Molo, Ol Arabel, Perkerra... Non ten saídas, e suponse que as súas augas se filtran a través dos sedimentos das físgoas do leito volcánico do lago. É un dos dous lagos de auga doce do Gran Val do Rift en Kenya, o outro é o Lago Naivasha.Vexa o apartado "Kenya designates freshwater lake in Great Rift Valley," en Ramsar 2009 - 2002 .

Nas súas ribeiras habitan máis de 470 especies de paxaros, así como tamén aves migratorias, nun territorio no que habitan os pobos camus, rendille, turkana e kalenjin, lonxe dos circuítos turísticos, aínda que é unha zona explorada por antropólogos e arqueólogos, pois posúe diversos sitios arqueolóxicos e paleontolóxicos do Mioceno e o Plistoceno. Resumo

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

MSN Map

Baringo Categoría:Xeografía de Kenya