Flora Veiga Aldariz, nada en Lugo o 8 de xaneiro de 1938, foi unha mestra e política galega, unha das tres primeiras mulleres en sentar no Parlamento de Galicia (1981-1983).

Traxectoria Mestra de profesión, tivo entre os seus destinos VilalbaXIZ, XULIO, A escola dos Vilares, Galicia Digital, 29/4/2009.. Logo pasou a ser inspectora de educación durante os últimos anos do franquismo, e na transición foi nomeada delegada do Ministerio de Educación e Ciencia en Ourense (1976). Posteriormente, a finais de (1977) deixou a delegación ourensá pola luguesaAprobada la firma del nuevo tratado con Portugal, ABC, 19/11/1977, p.3 (pdf)..

Nas primeiras eleccións autonómicas o seu nome figurou na terceira posición da lista electoral de UCD por Lugo, e resultou elixida. Foi unha das tres mulleres da Cámara, con Enma González Bermello e Carmen Lovelle. En 1983 presentou a súa renuncia e abandonou a carreira políticaVÁZQUEZ LORENZO, ALEXANDRE. La autonomía, en femenino. El País, 18/7/2011..

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia por UCD Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1938 Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia