Jordan Christian Hamilton, nado nos Ánxeles (California) o 6 de outubro de 1990, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Kumamoto Volters da B.League xaponesa.

Traxectoria profesional Hamilton foi elixido na 26ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Dallas Mavericks. Foi traspasado na mesma noite do Draft aos Denver Nuggets, nun traspaso que ademais mandou a Rudy Fernández e os dereitos de Petteri Koponen a Dallas, a Andre Miller a Denver, e a Raymond Felton aos Portland Trail Blazers. O 9 de decembro asinou o seu contrato cos Nuggets.

O 20 de febreiro de 2014, os Nuggets traspasaron a Hamilton ós Houston Rockets a cambio de Aaron Brooks.Rockets Acquire Jordan Hamilton

O 18 de agosto de 2014, Hamilton asinou cos Toronto Raptors.Raptors Sign Jordan Hamilton Porén, foi cortado polos Raptors o 26 de outubro de 2014. Dous días máis tarde, asinou cos Utah Jazz.Jazz Claim Hamilton and Ingles Off Waivers O 6 de novembro de 2014, foi cortado polos Jazz.Jazz Waive Jordan Hamilton

O 24 de febreiro de 2015, Hamilton asinou un contrato de dez días cos Los Angeles Clippers. O 6 de marzo de 2015, asinou un segundo contrato de dez días cos Clippers.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference.com Biografía nos Texas Longhorns

Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores do BC Krasny Oktyabr Categoría:Xogadores dos New Orleans Pelicans Categoría:Xogadores dos Bucaneros de La Guaira Categoría:Xogadores do Tofaş SK Categoría:Xogadores dos Guaros de Lara Categoría:Xogadores dos Metros de Santiago Categoría:Xogadores do Uşak Sportif Categoría:Xogadores do Hapoel Holon Categoría:Xogadores do Pallacanestro Brescia Categoría:Xogadores do Hapoel Tel Aviv BC