Désirée Nosbusch, nada en Esch-sur-Alzette o 14 de xaneiro de 1965, é unha actriz e presentadora de televisión luxemburguesa.
Traxectoria Ten ascendencia italiana por parte dun dos seus pais. Nos anos 1980 viviu en Manhattan e dende os 1990 até o 2008 viviu nos Ánxeles (California). Fala luxemburgués, alemán, francés, italiano e inglés. No ano 1984 presentou o Festival de Eurovisión en Luxemburgo.
Dende os inicios da súa traxectoria como actriz, participou en numerosas producións tanto alemás como francesas en cine e televisión.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina dos Seareiros Páxina Oficial
Categoría:Actores de Luxemburgo Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados en Luxemburgo