María Fátima Iglesias Ferreira, nada na Guarda o 22 de agosto de 1971, é unha política galega.

Traxectoria Licenciada en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela, cun mestrado de Axente de Emprego pola Universidade de Vigo, iniciou a súa carreira política no seu concello natal, onde foi elixida concelleira en representación do PPdeG en 2007. Desenvolve a súa experiencia laboral como Técnico de Emprego e DocentePedro Puy presentou hoxe as dúas novas deputadas do Grupo Parlamentario Popular, nota de prensa do PP, consultable na web do Parlamento de Galicia..

Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura dos populares ao concello guardés, mais non acadou os respaldos suficientes para obter a alcaldía a pesar de subir un concelleiro e quitarlle a maioría absoluta ao PSdeG. Dous meses despois, e grazas a unha serie de renuncias das que a última foi a do deputado Ignacio López-ChavesLa guardesa Fátima Iglesias sustituirá a López Chavez en el Parlamento, La Voz de Galicia, 19/6/2011., accedeu ao posto de parlamentaria no Parlamento de Galicia en representación da circunscrición de Pontevedra.

Tras deixar o Partido Popular e pasar a concelleira non adscrita, presentouse como cabeza da candidatura de Ciudadanos de Centro Democrático nas eleccións municipais no concello da Guarda e saíu elixida ao lograr a súa formación o 6,7% dos sufraxios. Non obstante, o seu partido solicitoulle pasar ao non adscritos ao se negar a afiliarse ao partido. Nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016 foi de cuarta na candidatura de Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía en Pontevedra e nas eleccións municipais de 2019 encabezou a candidatura desa formación na Guarda mais quedou no 4,53% e non accedeu á corporación municipal. Nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 foi de número tres na lista de Ciudadanos.

Vida persoal Está casada e ten dous fillos.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Eleccións municipais na Guarda

Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados na Guarda Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en 1971 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Concelleiros da Guarda Categoría:Políticos de Cidadáns - Partido da Cidadanía Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo