A serra da Martiñá é unha pequena serra encadrada na dorsal galega, moi preto da serra do Faro, entre as provincias de Lugo e Ourense. Xeoloxicamente está conformada principalmente por granitos.
As importantes diferenzas de altitude favorecen a presenza de diferentes ecosistemas: bosques caducifolios nas abas e turbeiras nos cumios.
O punto de maior altitude é o monte Martiñá (tamén coñecido como O Castro), con 1042 metros sobre o nivel do mar.
A Martiñá na cultura popular A serra da Martiñá aparece mencionada en catro ocasións no poemario de Ramón Otero Pedrayo Bocarribeira:
Na terceira estrofa, nunha mostra de hilozoísmo, o vieiro pregúntalle á nabeira: ¿De onde ves, meu vello? Veño do Ribeiro... E cara onde vas? Vou prá Martiñá...
Estrofa 11: Achega lume ó Paraño! -fala o Avión á Martiñá- que prá bica do poente hei de acender de mañá.
Estrofa 15: Pousou nos soutos da Torre o vento da Martiñá.
Estrofa 43: Neve, nevisca, neviña folerpa da Martiñá.
Véxase tamén Bibliografía As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1
Martiña Categoría:Montes de Galicia sen imaxes