Köniz é unha cidade suíza pertencente ao cantón de Berna, moi próxima á capital do país. Ten 40.938 habitantes e é a duodécima cidade da confederación en canto a poboación.

Xeografía Köniz está situada na Mittelland, a meseta suíza, e por ela transcorre o principal río do país, o Aar. Limita ao norte coa cidade de Berna, ao leste con Muri bei Bern, Kehrsatz e Wald, ao sur con Oberbalm e Schwarzenburg e ao oeste con Ueberstorf e Neuenegg.

Historia e cultura A zona na que se sitúa a cidade leva habitada dende a Idade de Bronce. A igrexa de San Pedro e San Pablo foi erguida cara ao 1100, sen que haxa vestixios arqueolóxicos de que houbese outra construción relixiosa previa na súa actual localización. Existía un mosteiro agostiño á beira da igrexa que foi doado á Orde Teutónica polo emperador Henrique VII do Sacro Imperio Romano Xermánico, quen estableceu unha commendamm, perdurando, con algunhas excepcións, ata o século XVIII, cando foi vendida a Berna.

O concello de Köniz, na súa actual forma, botou a andar en 1846.

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina do concello de Köniz

Categoría:Cidades de Suíza Categoría:Cantón de Berna