O Arneiro é un lugar da parroquia de Goá, no concello de Cospeito, na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE, en 2019 tiña 71 habitantes (35 homes e 36 mulleres), o cal supón unha diminución respecto do ano 2010 cando tiña 89 habitantes.
O poboado creouse cara a 1960, no marco do plan do Instituto Nacional de Colonización.A novela de Brais Lamela Ninguén queda (Euseino? 2022) fala da súa creación.
A carón do Arneiro estaba situada unha das antenas coñecidas como Torres do Arneiro, unhas antenas instaladas polo exército alemán en Galicia durante a segunda guerra mundial para a radiotransmisión no océano Atlántico, mais caeu en xaneiro de 2009.
O lugar constitúe parroquia eclesiástica de seu.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Goá
Parroquias de Cospeito
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cospeito
Categoría:Lugares de Cospeito Categoría:Parroquias eclesiásticas galegas que non coinciden coas civís