David Sergio Trezeguet, nado en Ruán o 15 de outubro de 1977, é un futbolista francés. Xogou anteriormente dez anos no Juventus FC e tamén para a selección francesa de fútbol. É o máximo anotador da Juventus de fóra de Italia. Anotou o gol de ouro na final da Eurocopa do 2000 contra a selección italiana, que lle daba a vitoria a Francia por 2-1 na prórroga.
Traxectoria Trezeguet comezou xogando para o Club Atlético Platense na primeira división arxentina. Despois, xogou 5 anos no AS Monaco da Ligue 1. No ano 2000, asinaría polo Juventus FC, club onde estivo 10 anos, e onde gañou 4 ligas, 2 copas de Italia, 2 supercopas, e foi finalista da UEFA Champions League no 2003 contra o AC Milan.
En 2010, asinou polo Hércules CF, onde anotou 12 goles en 31 partidos. O Hércules descendeu á Liga Adelante, e Trezeguet deixou o equipo ao rematar a tempada.
Véxase tamén Ligazóns externas David Trezeguet Estatísticas en sporting-heroes.net Estatísticas de Trezeguet
Categoría:Futbolistas de Francia Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do AS Monaco FC Categoría:Xogadores do Juventus FC Categoría:Xogadores do Hércules CF Categoría:Nados en 1977 Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra Categoría:Nados en Ruán Categoría:Franceses de ascendencia arxentina Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Francia Categoría:Futbolistas gañadores da Eurocopa Categoría:Futbolistas gañadores do Mundial