Carlos López García-Picos, nado en Betanzos o 19 de outubro de 1922 e finado en Oleiros o 23 de decembro do 2009, foi un compositor galego, principal impulsor, socio e membro de honra da Asociación Galega de Compositores. Tivo unha especial relevancia na diáspora galega, amosando durante os anos que permaneceu en Buenos Aires (Arxentina) un constante compromiso coa colectividade galega que se reflectiu en moitos aspectos da súa obra, así como na súa participación como director de distintas agrupacións corais como o coro Os Rumorosos do Centro Betanzos de Buenos Aires, o coro Alborada da Casa de Galicia de París, a Coral Rosalía de Castro da Asociación Galega e a agrupación coral do Centro Gallego de Buenos Aires.

Profundamente comprometido co papel que xogan os compositores nos tempos que lles toca vivir, García-Picos escribiu un artigo de pensamento que transloce as súas inquedanzas sobre isto: "Problemática de los compositores gallegos actuales".

Traxectoria Primeiros anos miniatura|Vista xeral de Betanzos, cidade natal de Carlos López. Carlos López García-Picos naceu o 19 de outubro de 1922O 19 de outubro é a data que figura na súa partida de nacemento, mentres que na partida de bautismo figura o 15 de outubro. no número 22 do lugar da Magdalena, na cidade de Betanzos (A Coruña). Terceiro dos sete fillos de Manuela García Velón e José Antonio López Picos, que era clarinetista e saxofonista da Banda Municipal de Betanzos dende 1917, posto que compaxinaba co seu traballo de carpinteiro. Foi o seu pai quen o iniciou aos sete anos nos seus estudos musicais co requinto, xa que non lle alcanzaban os dedos para tocar o clarinete, nunha pequena orquestra de seis instrumentos de vento coa que percorría a comarca betanceira amenizando as súas festas. Posteriormente, en 1936, ingresou na Banda Municipal de Betanzos como educando, tendo como profesor ao palentino Víctor Pariente Herrejón, quen daquela ostentaba o cargo de director da banda.

Co inicio da Guerra Civil, o exército sublevado iniciou unha depuración de funcionarios leais ao goberno republicano que afectou ao tuba e a un saxofonista. Esta situación obrigaría a seu pai a marchar á Arxentina, a onde se trasladara anos atrás a súa irmá Carmen, cinco anos maior ca el. Neste punto, Carlos López foi nomeado clarinete o 20 de decembro dese mesmo ano, segundo documenta Cuns Lousa:

Durante os tres anos que permaneceu na banda brigantina, o xove Carlos participou na mesma interpretando o clarinete, a trompeta e o trombón. Xa finalizada a guerra, o 18 de decembro de 1939, Carlos López renunciou ao seu salario de 240 pesetas. Pouco despois, contra o mes de febreiro de 1940,Non se sabe con certeza a data exacta na que o compositor embarcou cara á Arxentina, mentres que Marcelino Álvarez López no seu Carlos López García, un músico betanceiro (El Norte de Galicia, 22 de febreiro de 1981) sinala ao 2 de marzo, a "Autobiografía" nas notas á súa Tocata ecolóxica (Cuadernos de «Música en Compostela» nº VIII. Santiago de Compostela, 1994) indica o mes de febreiro. Posiblemente as dúas datas sexan correctas e fagan referencia á saída de Galiza e á chegada á Arxentina, xa que a viaxe era realizada en barco e duraba varias semanas. Carlos embarcou tamén cara ao país suramericano, seguindo os pasos do seu pai tres anos antes, onde iniciou a que el mesmo definiu como "segunda etapa da súa vida".

Etapa na Arxentina miniatura|esquerda|250px|Interior do Teatro Colón de Buenos Aires, onde en 1956 se estreou La farse de la búsqueda, un ballet composto por Carlos López García-Picos xunto con Emilio Terraza. Á súa chegada ao país suramericano, Carlos López desempeñou distintos traballos no sector téxtil, limpando chemineas, nunha empresa de calzado, e como colaborador do Centro Galego. Ao mesmo tempo participou en diversas orquestras de baile, tocando tamén durante varios anos no Conxunto de Gaitas de Dámaso Gómez. A Buenos Aires de finais dos anos 1930 e principios da década de 1940 tiña unha sociedade en plena expansión que vivía o momento de maior importancia da historia da música arxentina. Alí comezou os seus estudos de harmonía e contrapunto escolásticos co profesor catalán Lorenzo Serrallach á vez que entrou a formar parte da Coral Polifónica Os Rumorosos do Centro Betanzos de Buenos Aires en 1944, que daquela era dirixida polo mestre Corallini.

Un ano despois do seu ingreso na Coral Polifónica Os Rumorosos foi nomeado director adxunto, e posteriormente, en 1947, foi nomeado director da agrupación, cargo que desempeñou durante máis de trinta anos, obtendo con este coro diversos premios en certames convocados na capital arxentina entre 1946 e 1966.O seu labor á fronte do coro só se interrompeu durante os anos que o compositor pasou en París. Deste xeito comezaba a súa carreira como director coral, que continuou coa fundación, xunto co mestre Maiztegui, do coro do Centro Gallego de Buenos Aires, agrupación que tamén dirixiu durante varios anos.

Paralelamente á súa actividade como director coral, Carlos López estudou co mestre ruso Jacob Ficher, que fora alumno de Rimsky-Korsakov, e que daquela estaba a traducir os Principios de Orquestación ao castelán, e con quen ampliou os seus coñecementos de contrapunto e estudou a fuga, composición e instrumentación.

En 1954, despois de ter composto varias pezas para piano, outras para varias agrupacións de instrumentos de vento e a súa primeira obra orquestral, Festa. Sinfonieta, tiña lugar a súa presentación ao público que se produciu no Teatro Rivera Indarte de Córdoba. Dous anos despois, en 1956, estreou no Teatro Colón o ballet La farsa de la búsqueda que compuxo en colaboración co seu compañeiro de estudos Emilio Terraza, e que foi dirixida na súa estrea por Mauricio Kagel á fronte da Orquesta de Cámara del Teatro Colón. A pesar de que tan só tres dos seis números do ballet foran compostos por Carlos López, o éxito desta estrea valeulles a ambos a obtención dunha bolsa da Embaixada de Francia en Buenos Aires que, xunto co apoio de destacadas personalidades do galeguismo como Luís Seoane, lle permitiu ao compositor betanceiro embarcarse a París ese mesmo ano, iniciando unha estancia intermitente na capital francesa, onde continuou a súa formación musical durante seis anos.

París miniatura|200px|Darius Milhaud foi un dos mestres de Carlos López García-Picos no Conservatorio Nacional de París. Carlos López partiu cara a París en 1957 e residiu na capital francesa ata 1959. Aínda que a súa estadía en Francia non foi moi duradeira no tempo, foi unha etapa fundamental na súa formación e desenvolvemento como compositor, xa que foi precisamente en 1957 cando a "Nova Música" comezou a romper o rigor formalista. Alí recibiu clases de composición con Tony Aubin e Darius Milhaud no Conservatorio Nacional de París e, simultaneamente, estudou orquestración con Pierre Wissmer e dirección orquestral con Léon Barzin na Scholla Cantorum.

Na capital francesa recibiu ensinanzas tamén de importantes personalidades como Olivier Messiaen, Henri Dutilleux, Florent Schmitt ou André Jolivet, nun obradoiro no que estes e outros compositores falaban das súas obras a un grupo de 15 alumnos. A importancia desta etapa queda evidenciada nas palabras do propio compositor anos máis tarde, cando declaraba:

Non obstante, a bolsa que lle concedera a Embaixada de Francia en Buenos Aires non era suficiente para que puidese dedicarse en exclusiva á música, o que o obrigou a buscar diversos traballos, primeiro para a empresa Citroën e despois como mordomo do matrimonio Chaisemartin. De feito a bolsa que lle concederon non era suficiente nin para pagar a pasaxe para ir a París, o que lle fixo considerar o non empregala, como declarou:

En 1959 chegaba á súa fin a estadía de Carlos López García-Picos en París, durante a cal dirixiu o coro Alborada da Casa de Galicia parisiense. Tamén chegou a estrear varias composicións na capital francesa, entre as que destaca polo éxito de crítica o seu Preludio e tema con variacións para quinteto de vento, composta en Buenos Aires o ano no que partiu cara a París e estreada en 1958. O compositor regresaba a Arxentina deixando unha Francia cuxo mundo musical se transformara, e onde acadara a perfección académica á hora de compoñer. Antes de deixar a capital francesa, Wissmer díxolle felicitándoo por un exercicio:

Regreso a Arxentina En 1964, de volta en Buenos Aires, continuou a súa formación con Emilio Tejeda para familiarizarse coas novas técnicas de notación musical. Ao mesmo tempo, Carlos López participou e promoveu a fundación da Asociación de Jóvenes Compositores de Argentina, na que ocupou varios cargos. Esta asociación ofrecía a posibilidade aos seus membros, entre os que se encontraban compositores como Alejandro Pinto e Raúl Schemper, de estrear as súas obras grazas ao acordo que mantiña co Teatro Colón, o que posibilitou que todos os anos se realizasen estreas sinfónicas.

Nesta etapa compuxo algunhas das páxinas máis significativas do seu catálogo. Tras varias estreas de obras de cámara escribiu a obra sinfónica Sindy, estreada en 1976 pola Orquesta Filarmónica de Buenos Aires e que foi elixida para representar á Arxentina nos Encontros de Música Contemporánea da UNESCO. Desta época tamén é salientable a estrea da súa obra "Ra-rá" pola mesma orquestra e no mesmo escenario, que recibiu un notable éxito de crítica.

Porén, a situación no país suramericano durante a ditadura miliar arxentina non era sinxela e Carlos López foi detido en dúas ocasións, chegando mesmo a ir as autoridades a buscalo ao ensaio do coro que dirixía. Isto, xunto á intención de Carlos López de dedicarse integramente á composición, motivou que en 1984 o compositor deixase Arxentina para tornar a Galiza.

Volta a Galiza miniatura|Centro de Arte Raíña Sofía. O 11 de maio de 1984 regresou definitivamente a Galiza, instalándose primeiramente na Coruña durante uns meses, e posteriormente no seu Betanzos natal, onde compaxinou a docencia privada coa dirección dalgunhas agrupacións locais. Durante a súa estadía na Coruña traballou na súa Obertura ciclópea, unha obra sinfónica que continuaba a liña de busca de liberdade de Marsya (1983), á vez que coñecía a obra do compositor e clarinetista Jesús Villa-Rojo, cuxas posibilidades notacionais empregaría en composicións posteriores.

Ao ano seguinte do seu regreso a Galiza tivo lugar a estrea en España das súas obras Scherzo, Preludio y fuga e Tema con variaciones dentro das "Primeiras Xornadas Culturais Betanceiras" da man do Quinteto de Vento da Coruña.Neste concerto tivo lugar o debut como compositor de Juan Durán coa estrea absoluta de Hiperión. En 1986 estreou no Centro Raíña Sofía de Madrid a súa obra camerística Josi-Tonadas, que ao ano seguinte foi interpretada tamén no Festival de Música do século XX de Bilbao, sendo nos dous casos un éxito.

Durante estes anos, nos que se estableceu definitivamente na súa localidade natal de Betanzos, desenvolveu a súa etapa máis produtiva dende o punto de vista compositivo, actividade que se viu recompensada co feito de ser un dos compositores galegos máis presente nas programacións da Orquestra Sinfónica de Galicia, con varias estreas a cargo desta formación.

A creación da Asociación Galega de Compositores

Dende o seu regreso a Galiza entrou en contacto con varios compositores galegos novos cos que fundou a Asociación Galega de Compositores (AGC), que naceu na Coruña o 22 de xuño de 1987. Amais de López García-Picos, constituíron a Asociación compositores como Jorge Berdullas del Río, Juan Durán, Manuel Mosquera, Xavier de Paz, Paulino Pereiro e Juan Vara.