A esfingosina (2-amino-4-octadequeno-1,3-diol) é un aminoalcohol de 18 carbonos formado por unha longa cadea hidrocarbonada insaturada con dous grupos -OH e un grupo -NH2, que forma a parte principal das moléculas dos esfingolípidos, un tipo de lípidos das membranas celulares.

Funcións A esfingosina pode ser fosforilada in vivo por dúas quinases, a esfingosina quinase tipo 1 e a esfingosina quinase tipo 2. Isto leva á formación de esfingosina-1-fosfato, un potente lípido sinalizador.

Os metabolitos dos esfingolípidos, como as ceramidas, a esfingosina e a esfingosina-1-fosfato, son lípidos sinalizadores, implicados en diversos procesos celulares.

Síntese A esfingosina sintetízase a partir do palmitoíl-CoA e serina empezando por unha reacción de condensación que orixina deshidroesfingosina.

800px|Síntese da esfingosina.

A deshidroesfingosina redúcese despois con intervención do coencima NADPH a dihidroesfingosina (esfinganina), e finalmente oxídase polo FAD a esfingosina.

En realidade, non hai unha vía de síntese directa desde a dihidroesfingosina (esfinganina) á esfingosina; senón que debe ser acilada (unida a un ácido graxo) primeiro a dihidroceramida, a cal é despois deshidroxenada a ceramida. A esfingosina non se forma ata que os esfingolípidos se degradan no lisosoma liberando esfingosina.

Véxase tamén Bibliografía article Carter, H. E., F. J. Glick, W. P. Norris, and G. E. Phillips. 1947. Biochemistry of the sphingolipides. III. Structure of sphingosine. J. Biol. Chem. 170: 285–295 Outros artigos Esfingolípido

Categoría:Compostos químicos Categoría:Alcohois